Skip to Content

2º trimestre

Saída ao Urban Planet

O día 15 de marzo o alumnado de 4ºESO  saiu acompañado dos seus profesores: Daniel Rouco, Tania Fernández, Lucía Teijeiro, Natalia Castro, María Aguiar e Noemí Fernández ao Urban Planet de Oleiros (A Coruña).

Alí probaron e perfeccionaron: airbag, barredera, climb wall, dodge ball, foam pit, free jump, kids jump, ninja planet, pro jam, slam basket, street jump…

 

 

 

Actividades co Lycée Joseph Saverne de L´Isle Jourdain, Toulouse

No día de hoxe alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes acompañou ao alumnado do Lycée Joseph Saverne de L´Isle Jourdain, Toulouse, nunha visita a Coruña. 

Alí visitaron a Torre de Hércules, o Museo de Belas Artes e percorreron a cidade.

No día de onte fixeron unha visita a Santiago.

En Santiago visitaron o Parlamento de Galicia, percorreron o casco histórico e coñeceron o final do camiño. 

Mobilidade en Noruega.

O noso alumnado de 1º de Bacharelato desprazado a Noruega tivo no seu terceiro día de estancia no país a oportunidade de desfrutar dun día de esquí na estación de Hafjell, sede dos Xogos Olímpicos de inverno de 1994.

 

Segundo día.

No seu segundo día de estadía en Noruega, o noso grupo de primeiro de Bac tuvo a oportunidadde de aprender sobre a historia e o patrimonio cultural deste país visitando o Concello de Oslo, o museo interactivo  "The Viking Planet" e o Museo Nacional de Noruega.

 

Intercambio Erasmus Italia

Alumnado e profesorado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes desprazouse a Potenza, Italia.

Dentro do programa Erasmus, alumnado de 1º de Bachillerato participou nun intercambio de longa duración, do 9 de febreiro ao 9 de abril.

 

Nesta semana viaxaron tamén a Potenza, alumnado que neste caso participa nunha mobilidade de corta duración (Unha semana)

Xa en Italia visitaron Matera, Metaponto

Matera. Cidade patrimonio da UNESCO, onde se rodou A paixón de Cristo

Metaponto. Antigua colonia grega onde viviu e morreu Pitágoras.

 Para ver mais fotos podes seguirnos en Instagram @iesollosgrandes.erasmus

 

 

Despedida Lituanos

Alumnado e profesorado do Grupo de mobilidade estudiantil de Druskininkai “Ryto” Gymnasium, Lithuania foron despedidos hoxe no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

No acto de despedida participou o grupo de  música tradicional do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes...

... acompañados polo grupo de baile tradicional.

 Para rematar o acto fíxose entrega dun diploma acreditativo do seu paso polo noso centro.

Friends forever!

 

Viaxe á Mariña

Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes acompañaron ao Grupo de mobilidade estudiantil de Druskininkai "Ryto" Gymnasium de Lithuania a un percorrido pola Mariña Lucense.

  

 

Recepción de Lituanos. Benvidos. Sveiki

Alumnado e profesorado que forman o Grupo de mobilidade estudiantil de Druskininkai “Ryto” Gymnasium, Lithuania visitáronmos hoxe no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

Foron recibidos coa realización de actividades para coñecernos e un taller de elaboración de flores de papel.

      

 

Benvidos. Sveiki 

Parlamento Xove

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes está a participar na 13 edición do Parlamento Xove. Unha competición na que os distintos equipos debaten sobre un tema proposto pola organización.

Os nosos representantes clasificáronse para a fase final a celebrar en maio. Ademais Óscar recibiu unha mención como un dos tres mellores oradores de todo o concurso. Parabéns!

Pódese ver os debates nos enlaces que figuran na web da organización: http://xuventude.xunta.es/parlamento-xove

 

Celebración 8M

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes ven de celebrar o 8M

      

Para conmemorar este día fíxose lectura de varios poemas en distintos idiomas, cantigas tradicionales, exposicións, traballos...

   

NON Á GUERRA

Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes di NON Á GUERRA gardando un minuto de silencio.

Distribuir contido


by Dr. Radut