Alumnado de portugués do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes viaxou a Chaves, Portugal.


Ali visitaron a Casa do concello da vila flaviense.

Torre de homenaxe do Castelo de Chaves, fortaleza que defendia a fronteira coa Galiza.

Merecido descanso á beira do Támega.

Recibindo unha explicación no Museo das Termas Romanas. Impresionantes. As maiores da Península Ibérica.
Foron descubertas durante a construción dun estacionamento subterráneo.

Piscinas das termas romanas, a auga sae a 76ºC.

Ponte romana de Trajano, erguida entre fins do século I e o inicio do II.