Skip to Content

Matemáticas

Departamento de Matemáticas. Curso 23-24

A composición do departamento de matemáticas do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes durante o curso 2023-2024 é a seguinte:

  • Saco Rodríguez, María José (xefa de departamento)
  • Álvarez Arias, Jesús
  • Ascariz Ferreira, María Nazareth
  • Carballas Pérez, Ana Isabel
  • Díaz López, Mª Dolores
  • Fernández Martínez, José Francisco
  • Fernández Rodríguez, Lidia
  • Núñez Paños, M.ª Carmen 

XXIV Olimpiada Matemática Galega

Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participou na  XXIV Olimpiada Matemática Galega.

O salón de Columnas do Círculo das Artes acolleu a celebración desta edición, organizada por Agapema (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática).

Moita sorte!

Visita a Igaciencia

Alumnado de 4º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes viaxou a Coruña para visitar a Exposición "Converxencias, arte e ciencia: Escher" 

A exposición "Converxencias, arte e ciencia: Escher", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro do proxecto que se vén desenvolvendo de actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade.

Esta actividade estivo organizada polo Departamento de Matemáticas.

 

 

Árbore de Nadal

Alumnado de 1º, 2º e 3º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes fixeron un Árbore de Nadal que decora a entrada do IES.

Coordinados polas profesoras do Departamento de Matemáticas. Mª José Saco e Ana Carballas, o Árbore de Nadal foi feito seguindo o que se coñece como Triángulo de Sierpinski, un fractal cuia estructura se repite a diferentes escalas.

Forman a árbore 256 tetraedros decorados polos propios alumnos con frases de Nadal coa colaboración do EDLG

Matemaxia co mago Paco

Hoxe visitounos o Mago Paco.

O mago Paco trouxonos a súa maxia con números e en galego. 

   

Toda unha festa para o alumnado de 1º ESO. Grazas Paco !

 

Conferencia: Modelos Matemáticos. Unha axuda para entender e explicar a realidade.

Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes asistiu á conferencia: Modelos Matemáticos. Unha axuda para entender e explicar a realidade, impartida polo profesor da USC Miguel A. Vilar.

Dentro do ciclo de conferencias A Ponte, Miguel presentounos a partir de exemplos ambientais, un par de modelos matemáticos sinxelos que poñen de manifesto a utilidade desta ferramenta sen esquecer as súas limitacións, que obrigan a un estudo e investigación permanente co fin de melloralos. 

Conferencia. Números complexos: as matemáticas detrás do wifi

O alumnado de 1º de Bacharelato  do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes  asistiu o pasado venres días 15 de xaneiro de 2021 á  conferencia “Números complexos: as matemáticas detrás do Wifi” impartida por Anxo Tato Arias, enxeñeiro-investigador na Área de Comunicacións Avanzadas do centro tecnolóxico vigués GRADIANT, onde participa en diversos proxectos de comunicacións móbiles e satelitais.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut