Skip to Content

Física e química

Departamento de Física e Química. Curso 23-24

A composición do departamento de física e química do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes durante o curso 2023-2024 é a seguinte:

  • Otero Rodríguez, Esther (xefa de departamento)
  • Piñeiro Arias, Rosa Ana
  • Muiña Fernández, Susana

Experimentos do Club de Ciencia

O alumnado do club de ciencias na sua recta final de curso descalcificou un ovo e unhas cunchas.
O resultado foi divertido.

Traballando con cores

No club de ciencias do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes seguimos traballando con cores.

O alumnado separou a proteina do leite e con axuda do colorante obtivo estas bonitas figuras

Cociñando no laboratorio

Alumnado do Club de Ciencias  segue cociñando no laboratorio. Esta semana tocoulles facer un arco de vella doce.

Xogar coa ciencia é a mellor forma de aprender

Actividade Club de Ciencia

Esta semana o alumnado do club de ciencias, comprobou como se moven as correntes mariñas. Para o cal so necesitou colorante, xeo e auga quente.

Foi un experimento moi sinxelo pero divertido e cheo de colorido

Actividade do Club de Ciencias

Esta semana alumnado do Club de Ciencias xogando con leite, vinagre, colorante e algo de calor, fixo unhas pequenas figuras decorativas.

  

Xogando e aprendendo!

Charla: Química, alimentos e cociña

Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes asistiu a charla: Química, alimentos e cociña, impartida por Ricardo Riguera, profesor do Departamento de Química Orgánica da Facultade de Química da USC.

Utilizando os principios da química, móstrase a natureza dos alimentos (que son e de que están feitos) e das especies (orixe, color e sabor), as súas transformacións ao cociñalos e a ciencia que explica os métodos de conservación. Todo iso ilústrase con exemplos dos nosos alimentos mais comúns (infusións, café soluble, caldos, guisos, fritir, ferver, escabechar etc.). 

Exposición modelos atómicos

Alumnado de 3º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes xogando coa imaxinación e as cores fixo unhas maquetas sobre a evolución dos modelos atómicos.

Esta exposicíon está organizada polo Departamento de Física e Química e todo o alumnado do centro pode vela exposta no hall do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.

 

Visita aos laboratorios da Facultade de Ciencias

Alumnado de 4º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitaron os laboratorios da Facultade de Ciencias.

Alí, en pequenos grupos, recorreron as instalacións, os distintos laboratorios e fixeron varios experimentos, unha cromatografía, unha reacción ácido base.

Tamén recibiron información sobre os grados que se poden cursar na Facultade de Ciencias.

Charla: Moléculas en acción

Alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato asitíu a charla "Moléculas en acción" impartida polo profesor da Facultade de Química da USC José Ramón Leis.

José Ramón Leis expuxo un show con demostracións en vivo e vídeos de reaccións químicas ilustrando unha charla cuxo fío condutor foi o feito diferencial da reactividade.

 

As explicacións baséanse na estrutura e as propiedades das moléculas participantes. Ao mesmo tempo saliéntase a relevancia e o impacto das moléculas na evolución da humanidade.

Vimos algúns dos chamados materiais intelixentes e os alumnos poideron manipular algúns deles.

Esta charla está encadrada dentro do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC"

Distribuir contido


by Dr. Radut