Skip to Content

Economía

Departamento de Economía. Curso 2022-2023

A composición do departamento de economía do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes durante o curso 2022-2023 é a seguinte:

  • Neira González, Mar (xefa de departameto)
  • Iglesia Muinelo, Pilar
  • Núñez Aguado, Francisco Javier

O equipo do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes gana o Reto do Tour do Talento

O equipo do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes formado por Pilar Wegmuller, Laura Iglesia e Alejandra García gana o Reto do Tour do Talento co proxecto: Lugo, ciudad milenariamente joven.

Parabéns!!!

O Reto do Tour do Talento: “Lugo, a cidade que imaxinas e na que queres vivir” consiste na presentación dun proxecto, que teña por obxecto, mellorar a vida das persoas na cidade de Lugo, crear unha sociedade máis participativa, deseñar o modelo de cidade no que se quere vivir e fomentar o emprendemento xuvenil.

Visita Tour do Talento

Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes visitou na praza Horta do Seminario o evento Feira de primavera de emprendedoras: Economía verde e circular.

Este evento está enmarcado dentro das actividades do Tour do Talento 2023 que estos días se desenvolve en Lugo.

XIII Olimpíada galega de Economía

O día 16 de marzo celebrouse na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidad de Vigo a XIII Olimpíada galega de Economía.

A alumna do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, Sabela Díaz Fernández, acadou o 2º posto e irá á fase nacional en xuño en Sevilla.

Parabens!

A Olimpíada Española de Economía é unha competición académica e educativa, cuxo principal obxectivo é estimular o estudo da Economía e da Empresa entre mozos e mozas con capacidade reflexiva e emprendedora, ofrecéndolles a posibilidade de participar con espírito deportivo nunha competición de ámbito autonómico e nacional. e premiándoos en recoñecemento á súa excelencia académica

 

Visita ao CEI-Nodus

Alumnado de 2º de Bacharelato da materia de Fundamentos de Administración e Xestión visitou o CEI-Nodus

O Centro de Empresas e Innovación (CEI-Nodus) é unha iniciativa do Concello de Lugo para a promoción económica da  cidade  e un apoio á posta en marcha de novas iniciativas empresariales.

LabEmprende.

Alumnado de 4º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou Labemprende.

LabEmprende é un bus interactivo que viaxa por toda España para despertar as actividades emprendedoras. Trátase dun laboratorio interactivo e multimedia onde o alumnado aprenderá o concepto de emprendemento, as súas características e valores.

Charla AEAT

Alumnado de 4º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes recibiu unha charla sobre os impostos impartida pola Axencia Tributaria.

 

Explicáronlles os tipos de impostos e a importancia e a necesidade deles. Tamén lles explicaron que é e para que serve a vixiancia aduaneira.

Visita á Axencia Tributaria

Alumnado de 2º ESO de Educación Financeira visitou a Axencia Tributaria

  

Alí ensináronlles a facer unha consulta, cita previa, sacar número e os distintos departamentos.  Xa no Salón de Actos da AEAT faláronlles dos distintos impostos e da importancia de que todos os paguemos, Tamén respostaron as preguntas que o alumnado plantexou. Foi unha visita amena e moi interesante.

Entrega de premios Consumópolis

Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes gañadores do 1º e 3º premios de Consumópolis recibiron un diploma acreditativo e o correspondientes premios de 1000 e 300€

Gañadores do 1º PREMIO

Gañadores do 3º PREMIO

PARABÉNS!!!

Celebración do Día da Muller Emprendedora

Alumnado de 4º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes  asistiu á charla de Marta, emprendedora e copropietaria de Como en casa, unha empresa de comida para levar.

Marta contou a súa experiencia como muller emprendedora e falou das dificultades que atopou no camiño. Contounos tamén que ten a percepción de que está aumentando moito o número de mulleres emprendedoras a partir dos 40 anos.

     

Esta charla estivo organizada polo Departamento de Economía do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes co motivo da celebración do Dia da Muller Emprendedora.

   

Distribuir contido


by Dr. Radut