Skip to Content

Club de lectura

Club de lectura

Charla do Club de lectura

O escritor Santiago Jaureguízar falou co alumnado de primeiro de ESO do Club de lectura sobre O veleno da risa e deulles algunhas ideas para o roteiro que van facer sobre este  libro.

 

II Encontro Falemos de emigración

O alumnado de 3º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participou no segundo encontro Falemos de emigración en colaboración con Afundación

Trátase de acercar ao alumnado ás experiencias das persoas maiores na emigración.  A partir dun relato inicial das persoas voluntarias participantes, alumnado e maiores establecen un diálogo e unha reflexión  sobre a emigración vivida polos maiores e a de hoxe en día.

 

Saída do Club de lectura a Castroverde

O alumnado do Club de lectura de 4º ESO compartiu unha sesión co alumnado de Castroverde e realizaron un roteiro literario seguindo as referencias de O conserxe, acompañados polo seu autor.

Tamén fixemos uns quilómetros do Camiño primitivo

 

Visita á exposición Educación en feminino: un paseo pola historia

Con motivo da celebración do 8M, alumnado de 3º ESO  visitou na Facultade de Formación do profesorado a exposición Educación en feminino: un paseo pola historia.

Club de lectura, fácil

O alumnado do Club de lectura fácil do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes compartiu unha sesión con outros membros da comunidade educativa e co Club de lectura de Afundación.

Club de lectura

O alumnado de 1º ESO compartiu unha sesión do Club de lectura coa persoa á que fai referencia unha das personaxes de O veleno da risa de Santiago Jaureguízar.

Trátase de Xosé López Orozco, no libro é o alcalde da cidade durante as festas do Arde Lucus.

 

Club de lectura

Alumnado de 4º ESO achegouse ó libro O Conserxe compartindo unha sesión do Club de lectura co seu autor, Xosé Luís Vázquez Somoza.

Excursión a Portomarín

Alumnado do Club de Lectura do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes viaxou a Portomarín para facer un roteiro literario pola vila.

Alí foron recibidos polo alcalde e celebraron un minipleno.

 

Logo recorreron a vila visitando distintos puntos de interés seguindo "O misterio de Portomarín" de Antía Yáñez

 

Distribuir contido


by Dr. Radut