Ao longo do verán, catro profesoras do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes realizaron cursos de perfeccionamento da competencia comunicativa en lingua inglesa e de metodoloxía en distintos puntos de Europa: Irlanda, Malta e Reino Unido.
Ademáis de mellorar o seu nivel de inglés, Pilar Illán, Teresa Ulloa, Pili Muinelo e Auri Penas estableceron contactos profesionais con docentes de toda Europa con vistas a futuras colaboracións.


