Skip to Content

KA121 Educación escolar - 2021-2027

Mobilidade a Islandia

Xoves 27 de abril

Continuamos aprendendo sobre patrimonio artístico e historia de Islandia facendo un tour polo centro de Reikiavik

Mércores 26 de abril.

No día de hoxe coñecimos o patrimonio natural de Islandia: cataratas, géyseres... Impresionante!

Martes 25 de abril.

A nosa delegacion Erasmus + foi recibida por Guðni Thorlacius Jóhannesson, presidente de Islandia. Entregouselle un agasallo do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes e outro en nome do Concello de Lugo.

Xa pola tarde presentacións sobre a nosa literatura, música, cine...

 

Luns 24 de abril.

Alumnado do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes de visita en Reikiavik, hoxe tivo a oportunidade de aprender sobre a xeografía e a historia de Islandia.

Despois fixeron unha icebreakers na clase de teatro.

Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grrandes viaxa a Reikiavik, Islandia

Esta mobilidade desenvólvese do 22 ao 30 de abril e está encadrada dentro do proxecto Erasmus+ 

 

Mobilidade a Polonia

Venres 14 de abril. No día de hoxe tocou visita guiada pola cidade de Cracovia.

Xoves 13 de abril. O noso grupo Erasmus+ desprazado a Wieliczka visitou o antigo campo de concentración de Auschwitz onde puideron coñecer de primeira man momentos da historia que non debemos repetir nunca mais.

Mércores 12 de abril. Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes desprazouse a Wieliczka,  Polonia 

Ali deron a coñecer aos nosos anfitrións a nosa vila, cultura e costumes.

Recibimos aos nosos socios de Lituania e Francia

Este fin de semana recibimos ás delegacións de Druskininkai (Lituania) e L´Isle Jourdain (Francia) e comezamos as actividades sobre o Camiño de Santiago.

Mércores 29 de Marzo.

Acompañamos aos nosos amigos franceses e lituanos a facer un pequeno tramo do Camiño e chegar a Santiago.

Luns 27 de Marzo.

O luns, tivemos no pavillón do IES unha xornada de xogos tradicionais: "Xogos e Arte" co alumnado de 4º ESO inmerso no Erasmus "Buen Camino" e co alumnado visitante de procedencia Lituana (Druskininkai) e Francesa (L´Isle Jourdain)

A xornada foi coordinada polo Departamento de Educación Física e organizada coa axuda do alumnado de 1º BACH A.

Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecta: Proxecto de Vida Saudable de Deportiva

Domingo 26 de Marzo

Día intenso cos nosos socios de Lituania e Francia. Desprazámonos ata A Mariña para facer unha ruta seguindo o Camiño do Mar, visitando a Praia das Catedrais.

Xa pola tarde aproveitamos para visitar a vila de Mondoñedo.

Sábado 25 de Marzo

O sábado apreveitamos o día para coñercernos e para mostrar a nosa cidade e revisar os coñecementos sobre o Bo Camiño.

Recibimos aos nosos socios de Noruega

Esta semana recibimos á delegación noruega que non puiedera realizar a mobilidade en Lugo connosco en outubro.

Mércores 22 de Marzo

Hoxe mércores a delegación Noruega xunto con parte do noso alumnado visitou a cidade de Santiago.

En Santiago fixeron un recorrido polo casco histórico e visitaron a catedral. Nestas fotos vémolos disfrutando dos tellados da catedral.

Martes 21 de Marzo

 

Despois dunhas nocións de español e galego de supervivencia e da benvida do noso director, desprazámonos ás instalacións do Vello Cárcere para realizar unhas actividades para romper o xeo.

 

Ao rematar, fixemos un exercicio de aprendizaxe cooperativa no que traballamos conceptos relacionados co patrimonio cultural dos dous países. Pola tarde, o noso alumnado fixo de guía dos nosos convidados ensinándolles os puntos máis representativos da nosa cidade.

Mobilidade a Francia

Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes viaxou a Francia, devolvendo a visita ao Lycée Joseph Saverne de L´Isle Jourdain, Toulouse.

Venres 24 de marzo

Despedida. Como todos os anos momento de bagoas. Amigos para sempre.

Xoves 23 de Marzo

Hoxe visitamos en l´isle Jourdain o Museo Europeo das Campanas e a Casa Museo de Claude Augé, ilustrador do diccionario Larousse.

Ademais fíxose a entrega de diplomas e a despedida. Mañá venres, retornamos.

Mércores 22 de Marzo

Airbus ten en Toulouse a súa sede social e os talleres finais de montaxe de aeronaves. Coa visita ao museo o noso alumnado  descubriu os segredos de Airbus.

Martes 21 de Marzo

Foto de grupo en La Halle des Machines en Toulouse.

No interior de La Halle des Machines con distintos mecanismos fabricados con materiais reciclados.

De visita na Basílica de Saint Sernin

Luns día 20 de marzo

Despois dunha fin de semana en convivencia coas familias de acollida o noso alulmnado comezou as actividades e visitas en grupo. Na fotografía podemos velos na visita á cidade medieval de Carcassonne.

Videoconferencia co Cónsul de España en Noruega

Alumnado de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes asistiu a unha videoconferencia con Don Pedro Luis Sosa Torres, Cónsul da Embaixada de España en Noruega.

Esta charla xurdía no intercambio Erasmus+ con Noruega e versou sobre a formación e actitudes necesarias para traballar como diplomático nunha embaixada.

 

Docencia en Leipzig

No marco do proceso de internacionalización do noso centro, a nosa compañeira María José Fernández Senande, profesora de Lingua Inglesa, desprazouse á cidade alemana de Leipzig para impartir docencia de linguas estranxeiras no Evangelisches Schulzentrum durante unha semana. Tamén tivo a oportunidade de coñecer de primeira man a organización e o funcionamento dos centros educativos nese país.

Actividades co Lycée Joseph Saverne de L´Isle Jourdain, Toulouse

No día de hoxe alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes acompañou ao alumnado do Lycée Joseph Saverne de L´Isle Jourdain, Toulouse, nunha visita a Coruña. 

Alí visitaron a Torre de Hércules, o Museo de Belas Artes e percorreron a cidade.

No día de onte fixeron unha visita a Santiago.

En Santiago visitaron o Parlamento de Galicia, percorreron o casco histórico e coñeceron o final do camiño. 

Patrimonio cultural: Mobilidade en Noruega

No marco do noso traballo colaborativo sobre patrimonio cultural con dous centros de Noruega e Islandia, un grupo de alumnos e alumnas de primeiro de BAC desprazouse a Lillestrøm (Noruega). Os acompañantes foron Mar Villar e Roberto Núñez. Aquí deixamos un resumo visual das actividades realizadas.

Actividade co Druskininkai “Ryto” Gymnasium de Lithuania

Alumnado de 4º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes segue a desenvolver distintas actividades co alumnado de Druskininkai, Lituania.

O grupo de música e baile tradicional do IES Nosa Señora dos Ollos Gandes mostrou ao alumnado e profesorado lituano esa parte da cultura galega.

O alumnado lituano recibíu un diploma acreditativo da súa participación nestas xornadas.

Distribuir contido


by Dr. Radut