Skip to Content

Recibimos aos nosos socios de Lituania e Francia

Este fin de semana recibimos ás delegacións de Druskininkai (Lituania) e L´Isle Jourdain (Francia) e comezamos as actividades sobre o Camiño de Santiago.

Mércores 29 de Marzo.

Acompañamos aos nosos amigos franceses e lituanos a facer un pequeno tramo do Camiño e chegar a Santiago.

Luns 27 de Marzo.

O luns, tivemos no pavillón do IES unha xornada de xogos tradicionais: "Xogos e Arte" co alumnado de 4º ESO inmerso no Erasmus "Buen Camino" e co alumnado visitante de procedencia Lituana (Druskininkai) e Francesa (L´Isle Jourdain)

A xornada foi coordinada polo Departamento de Educación Física e organizada coa axuda do alumnado de 1º BACH A.

Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecta: Proxecto de Vida Saudable de Deportiva

Domingo 26 de Marzo

Día intenso cos nosos socios de Lituania e Francia. Desprazámonos ata A Mariña para facer unha ruta seguindo o Camiño do Mar, visitando a Praia das Catedrais.

Xa pola tarde aproveitamos para visitar a vila de Mondoñedo.

Sábado 25 de Marzo

O sábado apreveitamos o día para coñercernos e para mostrar a nosa cidade e revisar os coñecementos sobre o Bo Camiño.

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut