Articulos

Plan de adaptación COVID

O plan de adaptación COVID atópase no seguinte enlace (Clic na imaxe)

  

 

Plan de continxencia

O plan de continxencia do centro atópase no seguinte enlace.

PLAN DE CONTINXENCIA DO IES MONTE DA VILA

Este Plan de Continxencia vese complementado polo "Plan de Continxencia ante peches de aulas ou centros educativos no contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020-2021 (v. 2 nov 2020)

Plan de continxencia ante peches

Anexo ao Plan de Continxencia: Horario espello para o ensino a distancia

 

 

Calendario 2020-2021

Para ver o Calendario escolar coas datas de avaliación do presente curso 2020-2021, pulse no seguinte vínculo:

 Calendario escolar/avaliacións Curso 2020-2021 (PDF) 

 calendario escolar 2020-21

 

Listaxes provisionais de axudas de material e Fondo Libros curso 2020-2021

  • Están publicadas as listaxes provisionais de axudas de material e Fondo Libros para o curso 2020-2021.
  • Reclamacións ás listaxes: 8 e 9 de xullo.
  • Listaxes definitivas: ata o 14.09.2020.
  • As listaxes pódense consultar no taboleiro do centro en horario de 9 a 14 h.

Libros de Texto Curso 2020/2021

A listaxe de libros de texto para o curso 2020-2021 atópase dispoñible no seguinte arquivo.

ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS, DEVOLUCIÓN DE MATERIAL E PERÍODO DE RECLAMACIÓNS

A entrega de cualificacións terá lugar o martes 23 de xuño e o xoves 25 de xuño na aula de referencia do grupo, segundo o horario que figura a continuación.

O alumnado esperará no patio e entrará no centro acompañado do profesorado titor, con mascarilla, mantendo a distancia de seguridade e seguindo as indicacións do persoal do centro. É necesario que todo o alumnado traia un bolígrafo.

Na aula, o profesorado titor entregará, ademais do boletín de notas, o sobre de matrícula ao alumnado que promocione de curso na convocatoria de xuño, para evitar aglomeracións en Secretaría. O alumnado poderá recoller outro tipo de material que aínda estea no centro (patíns, material de plástica,...), pero debe esperar ás instrucións do profesorado titor.

Devolverase todo o material (fondo libros, ANPA) seguindo as instrucións do profesorado titor.

É obrigatorio devolver todos os libros do fondo. Unha vez que o profesorado titor comprobe que se devolveron, poderanse levar de novo en préstamo os libros das materias que o alumnado teña que recuperar en setembro.

Martes 23 de xuño Xoves 25 de xuño
HORA GRUPO HORA GRUPO
    10:00 3º ESO A
10:30 1º ESO A 10:20 4º ESO A
11:00 1º CM SMR 10:40 1º FPB
11:20 2º ESO A 11:00 3º ESO B
11:40 2º CM SMR 11:20 4º ESO B
12:00 1º ESO AB 11:40 1º BACH. A
12:30 2º ESO B 12:00 3º ESO C
12:50 1º ESO B 12:20 1º BACH. C
13:10 2º ESO AB 12:40 2º FPB
    13:00 1º BACH. B

 

RECLAMACIÓNS:

As reclamacións terán que presentarse dentro das 48 horas seguintes á entrega das cualificacións.

Fondo de Libros Curso 2020/2021

Abriuse o prazo para a presentación de solicitudes para o fondo solidario de libros de texto “Fondolibros”, que poderán realizarse ata o día 19 de xuño.

A realización de solicitudes pode realizarse de forma electrónica, a través do seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

No caso de realizala de forma presencial, rogamos entreguen a documentación cuberta a ordenador.

Pregamos ás familias que, se é posible, se axusten ás seguintes datas para a entrega da documentación do fondo de libros, segundo o curso para o cal realicen a solicitude da axuda, co fin de evitar aglomeracións:

  • 1º ESO: 25 e 29 de maio. 4, 10 e 16 de xuño
  • 2º ESO: 26 de maio. 1,5, 11 e 17 de xuño.
  • 3º ESO: 27 de maio. 2, 8, 12 e 18 de xuño.
  • 4º ESO: 28 de maio. 3, 9, 15 e 19 de xuño.

Evitar, ademais, esperar á derradeira semana. O horario da Secretaría do Centro é de 9 a 14 horas.

Campamentos deportivos

  • Campamentos Polideportivos nas instalacións de Príncipe Felipe.
    • Dirixido a rapazada nacida entre os anos 2006-2013.
    • Prazo de presentación de solicitudes: 16 marzo.
    • Máis información
  • Depo Aventura A Lanzada no Centro Vacacional A Lanzada.
    • Dirixido a rapazada nacida entre os anos 2007-2012.
    • Prazo de presentación de solicitudes: 25 marzo.
    • Máis información

Nota de prensa cos prezos.

Información: OMIX, 2º andar Concello do Grove. 986730609.