Articulos

Libros de texto Curso 2017/18

A listaxe de libros de texto para o curso 2016-2017 atópase dispoñible na seguinte ligazón e permanecerá exposta ao público nos taboleiros do centro.

Libros de texto Curso 2016-2017

A listaxe de libros de texto para o curso 2016-2017 atópase dispoñible na seguinte ligazón e permanecerá exposta ao público nos taboleiros do centro.

Debe advertirse que hai novos libros nos cursos de 2º e 4º da ESO debido á entrada en vigor da LOMCE. Asimesmo, prodúcense algúns outros cambios no Bacharelato.

ANPA: Nota informativa

ANPA "AS BOUZAS"

ENTREGA E RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO

Terá lugar o venres 4 de setembro en horario de 10:00 a 12:00 h. A listaxe de libros figura nesta mesma páxina web.

LIBROS DE TEXTO 2015/2016

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2015/2016

A seguinte listaxe, que se achega en documento .pdf xa ten un carácter definitivo. Debido ás últimas modificacións lexislativas algúns departamentos didácticos decidiron o cambio de material en 1º e 3º de ESO e 1º de Bacharelato, afectados pola entrada en vigor da nova Lei educativa (LOMCE). Eses libros novos aparecen destacados na listaxe. Ademais, lémbrase que, segundo os casos, debe "falar co profesor antes de mercalo".

 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2015/2016

 

Nota informativa ANPA: Banco de libros

NOTA INFORMATIVA DO BANCO DE LIBROS DA ANPA “AS BOUZAS”

IES MONTE DAVILA

 

HORARIO DE RECOLLIDA DE LIBROS:

 

MARTES 23 DE XUÑO DE 2015 DE 10:00 A 12:00   Y    DE 17:00 A 18:30

 

MÉRCORES 24 DE XUÑO DE 2015 DE 10:00 A 12:00

----------------------

Coordinadora F.C.T.

COORDINADORA DE FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO:

Fernández Estévez, Marcia

Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria.

Capítulo VI Coordinación de formación en centros de traballo

Artigo 78º.Naqueles centros nos que se impartan dous ou máis grupos de ciclos formativos ou programas de garantía social crearase a figura do coordinador de formación en centros de traballo. De impartirse soamente un grupo asumirá as súas funcións o seu titor ou titora.

Artigo 79º.O coordinador de formación será designado polo director ou directora, preferentemente entre o profesorado técnico de formación profesional ou de tecnoloxía con destino definitivo no centro, por proposta do xefe ou xefa de estudios, oídos os titores con alumnos e alumnas de ciclos formativos ou programas de garantía social.

Artigo 80º.É competencia do coordinador de formación en centros de traballo:

  • a) Supervisar e dirixi-lo programa de formación en centros de traballo.
  • b) Encargarse, por delegación do director ou directora, das relacións coas institucións empresariais, laborais, etc., que poidan estar interesadas no programa.
  • c) Difundi-lo programa a nivel interno e externo.
  • d) Controlar, supervisar e valora-las actividades levadas a cabo polos titores dos ciclos formativos e programas de garantía social, convocando,polo menos, unha reunión mensual con eles.
  • e) Aqueloutras funcións que a Consellería de Educación estableza na súa normativa específica.

Artigo 81º.

  1. O mandato do coordinador será de catro anos, renovables, se é o caso, e cesará nas súas funcións ó final dos mesmos ou cando se dea algunha das causas contempladas no artigo 76.
  2. Cando se produza o cesamento antes do final do mandato, o director ou directora procederá a nomear novo coordinador de formación en centros de traballo.