GRADUACIÓN DA PROMOCIÓN 2021-2022

 

A ANPA BRIXEO organizou o acto de graduación da promoción 2021-2022 do IES Moncho Valcarce. O devandito acto tivo lugar na Casa Dopeso o pasado, venres, 13 de maio. 

Parabéns ás graduadas e graduados !!!

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN EN GRAOS DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2023/24

CALENDARIO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN EN GRAOS DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2023/24

Parabéns a todas e todos!!!Ata que remate  a ABAU non poderedes realizar a preinscripción nas univrsidades. 

Para realizar a preinscripción noutras comunidades autónomas debedes realizar unha nova preinscripción, realizade a búsqueda "acceso a la universidad de...". O proceso e similar ao da SUG.

AS/OS APROBADAS/OS NA CONVOCATORIA ORDINARIA REALIZAREDES A PREINSCRIPCIÓN DO 22 AO 30 DE XUÑO ( ata as 14:00h). 

Obteredes a información neste enlace.

Neste  titorial  tedes toda información para realizar as inscripcións e a matrícula.

Moita sorte!

 

DIA DAS LETRAS GALEGAS

 

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, celebráronse no centro diversas actividades para dar a coñecer a vida e obra do autor homenaxeado, Florencio Delgado Gurriarán. Nelas participou toda a comunidade educativa.

ACOLLIDA NOVO ALUMNADO 1ºESO

 

Os centros educativos de A Capela, Somozas, Xermade e os centros de As Pontes, Sta. María e A Magdalena visitaron as instalación do IES Moncho Valcarce para coñecer o que será o seu centro o vindeiro curso. Foron recibidos polo equipo directivo e os membros do departamento de orientación. Alumnos voluntarios de 1º de ESO acompañáronos na visita e puideron disfrutar de actividades de Música e do club de ciencias que lles organizaron os alumnos e alumnas. Finalmente, tiveron a oportunidade de compartir o recreo co alumnado de 1º de ESO. O tránsito entre etapas coordinado e organizado entre os centros de primaria e de secundaria facilita a adaptación e a integración do alumnado no centro e na aula.

 

MOTÍVA-T

 

O alumnado de 4º de ESO realizou unha visita ao polígono industrial de Penapurreira. Esta visita foi organizada polo concello de As Pontes dentro do seu programa MOTÍVA-T co que pretende dar a coñecer aos rapaces e rapazas novas posibilidades de emprego. Contaron tamén coa participación de Ana Mª Pena, concelleira de industria e de Mónica Carballeira directora de Huso Renovables.  A formación académica do alumnado debe ir unida á formación profesional. É necesario que o alumnado descubra a utilidade da súa formación para acadar un emprego.

 

PROXECTO ELEMENTAL

O último proxecto do alumnado da materia de QUÍMICA de 2º bac rematou no día de hoxe, coas fotografías que se amosan, nas que se concreta o seu traballo a modo de Táboa Peródica, cos "elementos" e coas "elementas" do Moncho, organizados en períodos e grupos. Cada alumna e alumno tivo que facer a escolla do elemento cuxas propiedades químicas foran representativas do seu estado de ánimo e/ou emocional no período temporal que están a vivir.

PARABÉNS, ÁNIMO E SORTE!!!

 

CONMEMORANDO O MES DO AUTISMO

 

O IES Moncho Valcarce únese á celebración do "Día Mundial do autismo 2022". Baixo o lema "Unha feliz viaxe pola vida" pretendemos concienciar á Comunidade Educativa de que tod@s somos diferentes e formamos un puzzle de emocións, intereses e sentimentos diversos.

 

 

EXPOSICIÓN EXPRESS ARTE

 

A  exposición fotográfica “Express-Arte” amosa unha perspectiva de diferentes realidades dende a arte. Esta creación foi  presentada no  marco do programa de inserción laboral para vítimas da violencia de xénero e impulsada pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL).

    O proxecta “ Por 365 días de respecto e igualdade” difunde esta obra aos centros educativos.

 

DÍA DO LIBRO

 

Exposición de "Frases célebres" ,na biblioteca  do 25 ao 29 de abril, para conmemorar o día do libro.

 

CHARLA CIBERDELITOS

 

Esta  charla foi impartida pola avogada e consultora  Mª Jesús Boo Montes . Baixo o lema “STOP” achega ao noso alumnado ás consecuencias legais derivadas dos delitos contra a liberdade sexual e dos ciberdelitos de natureza sexual.  Como detectalos e como evitalos.

Os adolescentes empregan as redes sociais pero non son coñecedores da súa repercusión legal e das sancións que poden conlevar.  Descubrir posibles delitos que podemos realizar é unha forma de previlos.

 

Distribuir contido