MERCADIÑO SOLIDARIO

 

Coa proximidade das festas navideñas, a semana do 19 ao 22 de decembro, o Club de lectura, o Club de ciencias e o Departamento de Tecnoloxía propón a seguinte actividade: “Mercadiño navideño con carácter solidario”.

Durante os recreos das xornadas sinaladas, os alumnos e alumnas do club de lectura poñeranse detrás do mostrador, vendendo bufandas, gorros e libros. A actividade farase extensiva ás nais e aos pais o mércores 21 pola tarde, cando os adultos terán a súa cita personalizada con este mercado solidario. O diñeiro recadado destinarase a una ONG de axuda a Ucraína.

O obxectivo desta actividade é permitir ao alumnado un contacto directo cos libros e fomentar a importancia de ser solidarios cos máis necesitados. 

 

OBRADOIRO DE GREGO NO CLUB DE CIENCIAS

Hoxe, no Laboratorio de Bioloxía, os alumnos de 1ºA de Humanidades presentaron aos seus compañeiros da ESO do Club de Ciencia o alfabeto grego. A lingua grega é fundamental na creación dun vocabulario científico e por iso traballamos na elaboración dun pequeno glosario de termos científicos procedentes do grego: a nosa palabra de hoxe foi βίος

BIOLOXÍA, MICROBIO, ANFIBIO, BIOQUÍMICA, BIOÉTICA, ANTIBIÓTICO, PROBIÓTICO, BIOSANITARIO, BIOTECNOLOXÍA, BIODINÁMICA, BIOTIPO, BIOTOPO, BIOCENOSIS...

No mundo da ciencia falamos grego!

OBRADOIROS DO PROGRAMA "D´Tec DA AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN"

 O alumnado de 4ESO A e 1BACH C e B participaron más actividades do programa D’tec da Axencia Galega de Innovación , realizaron obradoiros de novos materiais e realidade virtual RV. e realidade aumentada RA” 

NADAL NO NOSO CENTRO

 

Un ano máis o centro engalánase  para celebrar as festas de Nadal.

Felices festas a todos e próspero ano novo.!!!

 

PARABÉNS A DIANA ARADAS BLANCO

 

A Comunidade Educativa do IES Moncho Valcarce felicita á nosa compañeira Diana Aradas Blanco polo premio da Universidade de Sevilla "Rafael de Cózar" acadado pola súa novela "Una madre". 

Grazas por agasallarnos coa túa arte a través desta gran historia e por facer medrar o marabilloso mundo da Literatura. Estamos desexando ler a túa novela!

PARABÉNS!!!

 

EXPOSICIÓN DE CARTACES: "MULLERES NA MÚSICA"

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Erradicación da Violencia contra a Muller, o alumnado de 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO presenta a exposición de cartaces “Mulleres da Música” que podedes visitas na Aula de Música do noso centro dende o día 28 de novembro ata o 22 de decembro.

O alumnado, individualmente ou en parellas, elixe unha muller relacionada coa música e realiza un cartel no que se expoñen brevemente algúns datos biográficos e da súa traxectoria profesional, así como a súa contribución na loita contra os prexuízos de xénero, a violencia contra a muller, etc.

Deste xeito celebramos a conmemoración do 25 de novembro. Día Internacional para a Erradicación da Violencia contra a Muller.

SENSIBILIZACIÓN EN MATERIA DE VIOLENCIA MACHISTA

No marco do 25 de Novembro proponse a realización de talleres de sensibilización: O alumnado afronta e identifica as diferentes formas de violencia machista que é máis susceptible de padecer e reproducir sen ser consciente da súa gravidade. Na sociedade persisten ideas cargadas de sexismo que xustifican a violencia.É necesario que o noso alumnado aprenda a identificar as violencias machistas encubertas, máis aló das que están visibles. Recoñecer actos de violencia machista individual e grupal evita que se desenvolvan na nosa contorna e axuda a manter unha sociedade libre de estereotipos e centrada na igualdade de todas as persoas.

 

CHARLA DE SEGURIDADE INFORMÁTICA

O día 14 e 17 de xaneiro o alumnado de 2º Bac da materia de  TICs fixo unha charla sobre “SEGURIDADE INFORMÁTICA” dirixida ao alumnado de 1º, 2º, e 3º de ESO.

A charla constaba de 2 partes, na primeira un grupo expoñía ao alumnado os resultados das enquisas que pasaron o alumnado de cada nivel e na segunda parte outros grupos fixeron unha presentación basada principalmente nos perigros que presentan as redes sociais e nos consellos que poden seguir para facer un uso seguro delas.

Ademáis outros grupos elaboraron dipticos cos perigos e consellos para navegar seguros, que se entregaron a cada alumn@ participante o final das charlas.

O obxectivo da devandita charla é concienciar o alumnado sobre os perigros das  redes sociais e darlles ferramentas para evitar problemas e si xurde algún  que sepan o que deben facer.

 

PROGRAMA MOTÍVA-T

O alumnado de 4º de ESO e de 1º de CS de laboratorio de análisis e control de calidade  realizaron unha visita ao polígono industrial de Penapurreira e ao  viveiro de empresas de SEARA. Tamén se desprazaron ata Somozas para coñecer o funcionamento da empresa HUSO Renovables. Esta visita foi organizada polo concello de As Pontes dentro do seu programa MOTÍVA-T co que pretenden dar a coñecer aos rapaces e rapazas as saídas profesionais que ofrece a contorna. 

 

PREMIADOS NO CONCURSO DE CARTACES DO 25N

O 1 de decembro achegáronse ao centro a concelleira de igualdade, educación e xuventude e a directora do CIM do concello para facer entrega dos agasallos aos finalistas do concurso de cartaces do 25 N: Estrella del Carmen Pardo Baamonde e David Otero Souto de 2º de ESO. Tamén se entregaron libros e xogos para a biblioteca do centro.

Distribuir contido