PREMIADOS NO CONCURSO DE CARTACES DO 25N

O 1 de decembro achegáronse ao centro a concelleira de igualdade, educación e xuventude e a directora do CIM do concello para facer entrega dos agasallos aos finalistas do concurso de cartaces do 25 N: Estrella del Carmen Pardo Baamonde e David Otero Souto de 2º de ESO. Tamén se entregaron libros e xogos para a biblioteca do centro.

CONCERTO DIDÁCTICO: N+1 e GRUPO ALICERCE

 

 

O pasado xoves 24 de novembro o alumnado de 2º ESO asistiu ao concerto ofrecido polo cuarteto de corda Alicerce coa actuación conxunta do clown galego N+1.

Conducido pola acción que desenvolve o humorista por medio da mímica, o alumnado puido realizar un percorrido a través dos cuartetos de corda de W. A. Mozart, 45 minutos de música de primeira calidade sen interrupción. Tan só música, expresión corporal e iluminación para un espectáculo no que o humor aporta frescura e expresividade.

Sen lugar a dúbidas unha magnífica oportunidade para achegar a música clásica aos oídos de tod@s @s asistentes.

Os nosos agradecementos á Concellería de Cultura do Concello das Pontes pola organización do evento.

 

ACTOS CONMEMORATIVOS 25N

 

Un ano mais o IES Moncho Valcarce solidarízase coas vítimas da violencia de xénero. Ao longo do día realizáronse diversas actividades para mostrar a repulsa de toda a comunidade educativa contra dita lacra social. Seguiremos aportando o noso grao de area para combater calquera tipo de violencia. 

25N. BIBLIOTECA 2022-23

 

 

Desde a biblioteca escolar do IES Moncho Valcarce queremos conmemorar a celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller invitándovos a visionar a exposición “Trazando a Igualdade” que recolle os traballos ilustrativos diseñados polo noso alumnado de educación secundaria. Os debuxos e viñetas pretenden sensibilizar a toda a comunidade educativa sobre a violencia machista e apelar ó rechazo de calquer tipo de violencia contra as mulleres.

 

EXPOSICIÓN "CARTAS DE AMOR"

 

Cartas de Amor é unha mostra do cómic galego sobre violencia de xénero, con 15 debuxos de artistas de fama.

A exposición quere sensibilizar á poboación máis nova sobre a existencia de violencia na forma que temos de relacionarnos entre parellas, axudar a detectala e polo tanto a eliminala. Pretende establecer un paralelismo entre o mundo romántico das  primeiras relacións de parella e a crueldade que, ás veces, se ve asociada a ela.

 

PLAN DIRECTOR 2022-2023

 

Un ano máis, o corpo da Garda civil está a impartir as charlas do Plan director de convivencia. Este ano as conferencias tratan temas de actualidade como o acoso escolar, a violencia de xénero, as drogas e o alcol. Ditas conferencias, levaranse a cabo durante o mes de novembro e decembro e están dirixidas a toda a comunidade educativa.

 

CONTACONTOS EN FRANCÉS

 

Samuel, contacontos de orixe camerunés presenta unha actividade dirixida ao alumnado de francés de 1º e 2º de ESO.

Trátase de tres relatos curtos nos que o contacontos fai intervir a varios alumnos e amósalles dun xeito sinxelo unha aprendizaxe ou consello en cada conto. A actividade desenvólvese cun certo aspecto lúdico que fai que resulte moi divertida para o alumno.

Entendemos que se trata dunha actividade moi positiva para os estudantes da primeira etapa de ensino secundario xa que fomenta a participación en público do alumnado e pretende despertar o interese pola lingua francesa dende unha perspectiva lúdica e de inmersión na práctica da comprensión e expresión oral. 

 

II CONCURSO DE CARTACES 25N

 

O noso centro participa no "Concurso de cartaces do 25N organizado polo Concello de As Pontes"

Velaquí tedes as bases do concurso. PREMA na imaxe do cartaz gañador do curso pasado, que foi realizado polo noso alumno Antón de la Fuente Vivero.

Animádevos a participar !!! 

 

ENQUISAS SEGURIDADE INFORMÁTICA 23-24

O alumnado de TIC II está a facer unha enquisa ao alumnado do centro sobre o tema da Seguridade Informática. Pincha nos seguintes enlaces según corresponda:

 

 

 

Gracias pola vosa colaboración.

A continuación tedes unha guia de "LO QUE NECESITAS SABER EN INTERNET"

CONCURSO DE MICRO-RELATOS DE SAMAÍN

 

 

Con motivo da celebración do Samaín, o venres 28 de outubro, o club de lectura “As verbas da ciencia” propón a seguinte actividade: “Concurso de contos de terror”.

Durante a xornada sinalada, os alumnos e alumnas que xeralmente visitan a biblioteca tiveron a oportunidade de escribir un relato de terror en dúas frases. Para isto, contaron con un repertorio de textos que puideron usar como modelo. A actividade prolongouse toda a semana seguinte, coa intención de permitir aos alumnos e alumnas entregar novos textos para concursar. Entre os participantes, escollerase un gañador ou gañadora, que recibirá como premio un libro de terror acorde coa súa idade.

O obxectivo desta actividade é permitir ao alumnado un contacto directo coa literatura de terror, a través da propia escritura deste tipo de textos e fomentar a concisión grazas á elaboración de textos completos nun para de liñas.

 

 

Distribuir contido