Skip to Content

Complementarias

Complementarias

O MACÍAS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

O noso instituto sumouse á conmemoración do 25N CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA. Durante o segundo recreo o noso alumnado gardou un respetuoso minuto de silencio para recordar á tódalas victimas da violencia machista e seguidamente varios alumnos de 2º de Bacharelatoleron unha serie de textos de María Reimóndez en solidaridade coas mulleres maltratadas.

 

PROBAS DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIA LINGÜÍSTICA. Niveis B1, B2 E C1 PARA ALUMNADO DE ESO, BACHARELATO E FP

Publicouse a  RESOLUCIÓN DO 29 DE SETEMBRO DE 2023, DA DIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA POLA QUE SE REGULA A XESTIÓN DE PROBAS DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN LINGUAS ESTRANXEIRAS PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS EN CENTROS PÚBLICOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES DURANTE O CURSO 2023/2024.   que establece as axudas e a xestión de probas de nivel lingüístico (B1, B2 ou C1) para o alumnado que curse 4º de ESO, 1º e 2º de BAC e  Formación Profesional no curso 2023/2024.

O alumnado, asesorado, e a proposta do profesorado de lingua estranxeira, poderá presentarse nunha única proba de nivel dunha lingua, que será, preferentemente, a cursada como primeira lingua estranxeira. O centro seleccionará as probas ás que se presentará o alumnado con criterios de comodidade e proximidade e as familias encargaranse do traslado ao lugar do exame en caso de que estas probas non poidan celebrarse no propio centro.

 A realización destas probas, que se desenvolverán durante o curso 2023/2024, recibirá financiamento da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Se a dotación económica non fose suficiente para cubrir todas as demandas de alumnado interesado, o centro seleccionará o alumnado participante con criterios transparentes, públicos e obxectivos.

O prazo de solicitude remata o 6 de novembro. O alumnado e as familias deberán asinar un compromiso de realización das probas. O documento pódese descargar  premendo aqui.

MURAL NA FACHADA DO IES

O IES Macías o Namorado, promoveu a ampliación do mural que se iniciara no ano 2021, escollendo este ano, lugares e referencias icónicas da vila de Padrón tan recoñecibles como: o Santiaguiño do Monte, O Pedrón e a barca da Traslatio, A Ponte, O Espolón... O ano anterior os motivos centráronse na biografía de Macías o Namorado.

PARA VER AS NOVAS DE PRENSA DO NOSO MURAL CLICA AQUÍ

              

Trátase dunha intervención de arte urbana que inclúe pintura e mosaico, empregando materiais de refugallo, pero aportando valor engadido co emprego de restos de cerámica de Sargadelos.

              

Esta iniciativa ten moita presenza e visibilidade, por estar localizada nunha zona pola que discorre o Camiño de Santiago. Todo o alumnado da ESO do Macías  colaborou (case 200 alumnos e alumnas, en distintas quendas), así como o alumnado de 6º de primaria do CEIP Rosalía. Todos eles estiveron coordinados polo mestre e artista Xerardo Rodríguez Ramos, (ao que agradecemos a súa colaboración), e que deseñou o mural e a secuencia de imaxes sobre os bocetos de Sofía Núñez alumna de 1º Bacharelato do propio IES.

Curso práctico de reanimación cardiopulmonar (RCP)

O pasado xoves 25 de maio,  acudiu ao centro o Grupo de Emerxencias de Padrón, onde impartiu un Taller de Primeiros Auxilios ao alumnado de 1º curso de Ciclo Superior e Ciclo Medio das familias de Administración e Electricidade.

Durante o taller o alumnado pudo practicar as técnicas de reanimación cardiopulmonar (RCP) en adultos, nenos e lactantes.

            

CELEBRAMOS O ENTROIDO!!

O pasado xoves celebramos o Entroido no Macías. O centro organizou un concurso de comparsas, no que os grupos participantes debían presentar un disfraz conxunto (cando menos 6 alumnos por clase) sobre a temática elixida este ano: As nosas materias. Tivemos comparsas que se inspiraron en Inglés, Historia, Bioloxía, Administración...

NORABOA Á COMPARSA VENCEDORA: 1º ESO B!!!

Agredecemos aos participantes a súa dedicación e traballo, e ao xurado o seu labor de avaliación. Finalmente, ademáis da calidade dos disfraces, o xurado atendeu tamén á calidade das coplas que os grupos presentaron e a súa simpatía no escenario. As coplas satíricas ou irónicas, falaron da vida no centro, do profesorado, de Shakira e Piqué...

Pasámolo moi ben e desfrutamos!!!

                                                                                                                                   

Celebración do día da Muller e a Nena na Ciencia.

  

O día 11 de febreiro celébrase o Día da Muller e a nena na Ciencia, co gallo desta conmemoración o Departamento de Bioloxía do noso IES, organizou, o venres 10 unha charla online á cargo de Adriana Dapena Janeiro da área de Enxeñería de Computadores e Catedrática de Teoría da Señal e Comuniccións, e Vicedecana da Universidade da Coruña. Asistiron os alumnos de 4º da ESO e 1º de FPB de Administrativo.

"Como vivir do Tik Tok sen ser un/ha influencer"

 

     Dentro das actividades de achegamento do alumnado ás novas tecnoloxías, onte, día 24 de xaneiro impartiuse unha charla no noso IES baixo o título Como vivir do Tik Tok sen ser un/ha influencer.

      A ponencia correu a cargo de Pablo Vázquez e celebrouse dentro do Programa A Ponte en colaboración coa USC. Asistiron os alumnos de 2º dos Ciclos Medio e Superior do noso centro.

Encontro Clubs de Lectura

O venres 17 de xuño celebramos a festa de remate de curso para os clubs de lectura dos niveis de ESO. E que mellor xeito de celebralo que participando no encontro de clubs de lectura dos institutos da contorna que organizou o IES Félix Muriel de Rianxo.

Nesta vila reunímonos con alumnado dos clubs de lectura de Boiro, Ribeira e por suposto de Rianxo. O encontro consistiu nun roteiro pola vila de Rianxo, con visitas ao Museo do Mar, o Museo de Manuel Antonio, o paseo marítimo e o Castelo da Lúa,  e cunha divertida búsqueda do tesouro que nos permitiu coñecer a vila dun xeito lúdico.

Parabéns aos anfitrións e oxalá que esta experiencia teña continuidade nos cursos vindeiros.

Saída Club de Lectura 1º Bacharelato

O pasado mércores 15 de xuño, o alumnado de 1º Bacharelato realizou unha saída do Club de Lectura, á Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura.

Visita ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre Campo Lameiro

O pasado martes 14 de xuño o alumnado de 1º ESO realizou unha saída ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre Campo Lameiro.

A xornada, organizada polo departamento de Xeografía e Historia, e coa colaboración dos docentes de Bioloxía e Xeoloxía e Matemáticas do curso, incluíu, ademais da visita ao xacemento e aos principais petroglifos do mesmo, obradoiros de arqueoloxía experimental sobre aspectos da vida na Prehistoria. 

Os petroglifos de Campo Lameiro, cunha antigüidade aproximada de 4000 anos, son un xacemento único en Europa. O parque amosa as formas de vida das sociedades neolíticas e da Idade dos Metais, e inclúe salas de exposición de materiais e reproducións, videoproxeccións e unha reconstrucción de un poboado con vivendas de pallabarro.

Os alumnos e alumnas, en dúas quendas, coñeceron o método para a fabricación de lume por fricción con arco, e practicaron a caza prehistórica con azagaias e propulsores.

Todos e todas amosaron excelentes cualidades para o lanzamento e sorprenderon aos monitores do Parque coa súa puntería e habilidade.

Distribuir contido


by Dr. Radut