Skip to Content

Fondo Libros

Reparto de libros de texto e vales para o curso 2021-2022

O reparto de libros de texto do fondo solidario e dos vales para o curso 2021-2022 realizarase no horario que se mostra na seguinte táboa. Rogariamos ás familias que, na medida do posible, procuren respectar dito horario:

  Luns 20 de setembro Martes 21 de setembro
1º ESO De 16:00 h a 18:00 h --
2º ESO De 18:00 h a 20:00 h --
3º ESO -- De 16:00 h a 18:00 h
4º ESO -- De 18:00 h a 20:00 h

 

IMPORTANTE: será imprescindible que a PERSOA SOLICITANTE ou, no seu defecto, unha persoa AUTORIZADA, recolla o lote de libros do alumno ou alumna e, se é o caso, o vale.

Para autorizar a outra persoa distinta da solicitante a recoller os libros de texto e vales, é necesario entregar:

- Un documento asinado autorizando a esa persoa, onde aparezan os nomes e DNI da persoa que autoriza e da persoa autorizada.

- Unha fotocopia dos DNI da persoa que autoriza e da persoa autorizada.

Listaxes definitivas Fondo Libros curso 2021-2022

Publicadas as listaxes definitivas do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2021-2022.

Pódense consultar:

- No taboleiro de anuncios do noso centro.

- Na aplicación FondoLibros con certificado dixital ou chave 365.

A entrega de vales e libros de texto correspondentes realizarase seguindo as instrucións que as titoras e titores lle darán ao alumnado nos próximos días.

IMPORTANTE: será imprescindible que a PERSOA SOLICITANTE ou, no seu defecto, unha persoa AUTORIZADA, recolla o lote de libros do alumno ou alumna e, se é o caso, o vale.

Instrucións para a devolución dos libros de texto en setembro

É preciso recordar ao alumnado da ESO convocado ás probas extraordinarias de setembro que deben devolver os libros de texto no centro o día da entrega de notas, luns 6 de setembro, unha vez que recollan os boletíns por parte dos seus titores/as.

MOI IMPORTANTE:

Lémbrase que a falta de devolución dos libros de texto será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2021/22. (Orde do 6 de maio de 2021)

Listaxes provisionais Fondo Libros curso 2021-2022

Publicadas as listaxes provisionais do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2021-2022.

Pódense consultar:

- No taboleiro de anuncios do noso centro.

- Na aplicación FondoLibros con certificado dixital ou chave 365.

A entrega de vales e libros de texto correspondentes realizarase en setembro, segundo as instrucións que se publicarán nesta páxina web.

Modificación data de publicación da listaxe provisional Fondo Libros curso 2021-2022

AVISO IMPORTANTE!

Debido a que o prazo de matrícula no noso centro aínda non rematou, aprázase a publicación da listaxe provisional do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar ao día martes 13 de xullo.

Distribuir contido


by Dr. Radut