Skip to Content

Bolsas de estudos e outras axudas

Axudas individualizadas transporte escolar curso 2021-2022

Lembramos que está a rematar o prazo para solicitar as axudas para o transporte escolar dirixidas ao alumnado de FP Básica, para este curso 2021-2022. Data límite: 15 de novembro de 2021.

Aquí tes a documentación para descargar:

- Comunicación relativa a axudas individualizadas transporte escolar curso 2021-2022

- Solicitude (tamén dispoñible na Secretaría do centro)

Bolsas Amancio Ortega alumnado 4º ESO para o próximo curso 2022-2023

Aberto o prazo para a solicitude das bolsas da fundación Amancio Ortega para o curso 2022-2023, desde o 27 de setembro ata o 27 de outubro de 2021.

Na súa edición 2022-2023, o Programa convoca 400 bolsas dirixidas a estudantes de 4º de ESO de centros educativos españois, para estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos. Do total de prazas convocadas, 70 bolsas están dirixidas a estudantes de centros de Galicia e 330 bolsas a estudantes de centros doutras Comunidades e Cidades Autónomas de España.

Premendo nas seguintes ligazóns pódese acceder á seguinte información:

- Programa de bolsas Fundación Amancio Ortega (información xeral e acceso ás distintas seccións)

- Bases de participación

- Calendario

- Manual de inscrición

Remata o prazo para a solicitude das bolsas do MEC curso 2021-2022

Lembramos que está a finalizar o prazo para solicitar as bolsas do MEC para niveis postobrigatorios: ATA O XOVES 30 DE SETEMBRO DE 2021.

Preme aquí para acceder á entrada xa publicada nesta web o pasado mes, onde atoparás toda a información relacionada.

Bolsas e axudas do MEC para alumnado de niveis postobrigatorios curso 2021-2022

Lémbrase que está aberto o prazo de solicitude de bolsas e axudas para o alumnado de niveis postobrigatorios para o vindeiro curso 2021-2022.  Ata o 30 de setembro de 2021.

Premendo nas seguintes ligazóns pódese acceder á información e á solicitude online:

- Alumnado de Bacharelato

- Alumnado de Formación Profesional

Distribuir contido


by Dr. Radut