Skip to Content

Premios e recoñecementos

EXCELENTES RESULTADOS DELF SCOLAIRE

A Alianza Francesa acaba de remitir os resultados dos nosos alumnos no exame do DELF Scolaire, unha vez máis, o Departamento de Francés, logo de traballar intensamente acadou uns resultados excelentes.

Maís do 90% do alumnado acadou unha cualificación positiva coa que lograron acreditar unha competencia lingüística nos niveis B1 e B2 !!!

NORABOA AO ALUMNADO E Á DOCENTE!!

Concursos do Samaín

Veñen de ser publicados nos blogues de Dinamización da Lingua Galega e da Biblioteca, os resultados dos concursos de Samaín celebrados no centro. Podedes acceder aos blogues dende esta páxina web.

Noraboa aos premiados e felicitacións a tódolos participantes.

 

Premio extraordinario para dúas alumnas do IES Macías o Namorado

O xoves 23 de xuño dúas das nosas alumnas de 2º de Bacharelato recibiron o PREMIO EXTRAORDINARIO aos mellores expedientes, galardón que outorga a USC ao alumnado con mellor expediente na ABAU entre todos os institutos de Galicia. Todo un recoñecemento ao esforzo e dedicación ao estudo.

Parabéns para estas rapazas! 

Se queres saber máis, preme na noticia de El Correo Gallego.

Medalla de bronce para o IES Macías o Namorado

O pasado venres 6 de xuño os nosos alumnos de 2º de FPB Samuel Batalla Gago e Marcos Barros Caamaño recibiron a MEDALLA DE BRONCE pola súa participación no FPBásicaSkills Galicia 2022, na especialidade de Electricidade e Electrónica.

Organizado pola Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, FPBásicaSkills Galicia 2022 ten como obxectivo darlle unha maior proxección e difusión aos ciclos de formación profesional básica e programas formativos que se imparten en Galicia.

 

Moitos parabéns a Samuel e a Marcos!! 

Medalla de prata para o IES Macías o Namorado

Estamos de parabéns!

Temos que felicitar ao noso alumno Miguel Pousada Parente, que cursa 2º Ciclo Medio de Instalacións eléctricas e automáticas no centro, por acadar a MEDALLA DE PRATA na súa modalidade no Galiciaskills 2021. Para ver os resultados da competición preme aquí.

Moitos parabéns, Miguel!

              

Distribuir contido