I Campionato Galego de Formación Profesional Básica FPBásicaSkills Galicia 2022

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca o 1º Campionato Galego de Formación Profesional Básica, FPBásicaSkills Galicia 2022, destinado a alumnado de FP Básica e de Programas Formativos.

Organizado pola Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, FPBásicaSkills Galicia 2022 ten como obxectivo darlle unha maior proxección e difusión aos ciclos de formación profesional básica e programas formativos que se imparten en Galicia.

Este é un campionato eminentemente práctico, que consistirá no desenvolvemento de competicións relacionadas coas especialidades de formación profesional básica e programas formativos, nas que o alumnado participante medirá as súas destrezas e demostrará as súas capacidades na realización das correspondentes probas.

Os centros que queiran presentar competidores/as deberán facer efectiva a súa participación cubrindo unha solicitude de inscrición por cada competición na que participen.

O prazo ordinario de inscrición rematou o venres 22 de abril de 2022 ás 23:59.

A participación no FP BásicaSkills Galicia 2022 non impide nin obriga a participación no próximo campeonato Galicia Skills, polo que o alumnado que participe, podera facelo tamén no próximo Galicia Skills se así o considera.

FPBásicaSkills Galicia 2022

Etiquetas: