Skip to Content

ENAPA

Escola de Nais e Pais

Nova data e lugar para a charla sobre o uso das tecnoloxías en adolescentes

O próximo mércores 19 de xaneiro de 2022, en horario de 18:30 h a 20:30 h, celebrarase unha charla sobre o uso das novas tecnoloxías en adolescentes, dirixida ás familias do alumnado dos centros de ensino secundario de Padrón.

Terá lugar no Salón de Actos do IES Macías o Namorado.

IMPORTANTE!

Animamos a todas as familias que teñan posibilidade a asistir a esta xornada, para o que será imprescindible entregar cuberto o documento de confirmación de asistencia en conserxería (entregarase nos días previos á charla, preferentemente o luns como máximo, a través dos seus fillos/as).

Cancelación charla ENAPA

AVISO IMPORTANTE:

Comunícase ás familias do alumnado do noso IES que queda cancelada a charla da ENAPA (Escola de Nais e Pais) sobre uso das tecnoloxías en adolescentes, aprazándose previsiblemente ao mes de xaneiro.

Concretarase a data e a hora á volta de Nadal, segundo as instrucións sanitarias vixentes. Recollerase de novo a confirmación das familias, imprescindible para poder asistir.

Charla uso das tecnoloxías en adolescentes

O próximo xoves 16 de decembro, en horario de 18:30h a 20:30h, celebrarase unha charla sobre o uso das novas tecnoloxías en adolescentes.

Terá lugar no Salón de Actos do IES Camilo José Cela de Padrón.

Animamos a todas as familias que teñan posibilidade a asistir a esta xornada.

Distribuir contido


by Dr. Radut