Publicouse a Resolución do 10 de xuño de 2022, da Direccion Xeral de Ordenación e Innovación Educativa regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que regula a xestión de probas de nivel lingüístico (B1, B2 ou C1) para o alumnado que curse 4º de ESO, 1º e 2º de BAC e Formación Profesional no curso 2022/2023.
O alumnado, asesorado, e a proposta do profesorado de lingua estranxeira, poderá presentarse nunha única proba de nivel dunha lingua, que será, preferentemente, a cursada como primeira lingua estranxeira. O centro seleccionará as probas ás que se presentará o alumnado con criterios de comodidade e proximidade e as familias encargaranse do traslado ao lugar do exame en caso de que estas probas non poidan celebrarse no propio centro.
A realización destas probas, que se desenvolverán durante o curso 2022/2023, recibirá financiamento da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Se a dotación económica non fose suficiente para cubrir todas as demandas de alumnado interesado, o centro seleccionará o alumnado participante con criterios transparentes, públicos e obxectivos.
Foron ampliados os prazos para a inscrición nesta convocatoria, os interesados deberán cubrir un compromiso de participación e entregalo asinado na oficina do centro con data límite do 08 de setembro. O impreso para cubrir figura como adxunto ao final desta nova e pódese descargar premendo aqui.