Skip to Content

Complementarias

Complementarias

Visita ás facultades da USC

Como parte do programa "A Ponte entre o ensino medio e a USC", o alumnado de 1º Bacharelato tivo a oportunidade de visitar as facultades da Universidade de Santiago de Compostela na actividade "ENCONTROS na zona USC".

As alumnas e os alumnos fixeron un percorrido por ambos campus, para achegarse á formación académica universitaria que moitos delas e deles comezarán nun ano. Esta saída foi organizada polo departamento de Orientación, e os titores de cada grupo foron os profesores acompañantes.

Charlas procura de emprego

Este mércores, 16 de febreiro, Addecco impartiu unha Charla sobre Procura de Emprego  ao alumnado de 1º e 2º curso de FP das familias profesionais de Administración e Electricidade.

Addeco é unha empresa especializada na selección de persoal, que conta con máis de 280 oficinas en toda España.

Esta charla foi organizada polo Dpto. de Orientación en colaboración co Dpto. de FOL co obxectivo dar a coñecer ao alumnado técnicas e ferramentas para a súa próxima inserción profesional. 

Charlas temáticas USC

Semana de charlas temáticas!

- Luns 14 de febreiro: Luces, ledes e sombras, para o alumnado de FPB1E, FPB2E, CM1E, CM2E.

Os temas tratados foron: un percorrido desde os principios básicos de funcionamento e xeración de luz mediante tecnoloxía LED, ademais de tratarse cuestións básicas relacionadas coa elección do tipo de iluminación LED en función da súa aplicación.

- Martes 15 de febreiro: Algoritmos: que son e para que serven?, para o alumnado de TIC de e Bacharelato, e para CS1E e CS2E.

Roteiro Castelao por Pontevedra

A semana pasada o EDLG organizou unha saída na que o alumnado de 2º ESO visitou o Museo Provincial de Pontevedra, e fixo o roteiro Castelao pola cidade.

Unha forma de completar de xeito excepcional o mes adicado a este magnífico persoeiro galego: Castelao.

Visita á feria Enerxétika Silleda

Exposición de Castelao

Xaneiro é o mes no que naceu e morreu o narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante, médico e político galego Alfonso Daniel Manuel Rodríguez CASTELAO. Por iso, o EDLG preparou unha completa e interesante exposición na entrada principal do noso centro.

Poderase gozar dela aínda uns días máis. Velaquí algunhas fotos:

 Máis información no blog Nós, Rosaliando.

Visita ao Parlamento de Galicia

Onte, luns 31 de xaneiro, o alumnado de 2º curso de Ciclo Medio de Xestión Administrativa visitou o Parlamento de Galicia para complementar a súa formación n omódulo de Empresa e Administración.

Así, estas alumnas e alumnos puideron coñecer a sede do Parlamento nunha visita guiada, accedendo ás dependencias máis solemnes, ao hemiciclo, salas de reunión dos distintos grupos parlamentarios...

Deste xeito, coñeceron o labor que desempleñan deputados e deputadas que nos representan, a organización e a historia da institución.

Así mesmo, gozaron dunha boa colección de arte galega, pintura e escultura, chamando a atención ás súas vidreiras.

Tamén percorreron a exposición co gallo do 40 aniversario desta institución.

Charla temática USC sobre enerxía nuclear

Onte, xoves 27 de xaneiro, o alumnado de Física de 2º Bacharelato recibiu unha das charlas temáticas incluídas no programa A Ponte entre o ensino medio e a USC: A enerxía nuclear: unha enerxía segura, solicitado polo profesorado desta materia.

Esta actividade complementa o temario desta materia.

Seminario de Sensibilización de Cooperativismo

O pasado día 25 de xaneiro realizouse no centro un Seminario de Sensibilización do Cooperativismo dirixido ao alumnado de 2º curso do CM de Instalacións Eléctricas e do CS de Automatización e Robótica Industrial, impartido por Espazo Coop, entidade asociativa sen ánimo de lucro que ten por finalidade a difusión e promoción do cooperativismo en Galicia.

Esta charla tivo como obxectivo  formentar o autoemprego como outro medio para inserción laboral dos nosos futuros titulados e tituladas.

Emerxencia climática

Esta semana traballouse nas aulas de 1º ESO o obxectivo nº 13 da axenda 2030 polo desenvolvemento sustentable: ACCIÓN POLO CLIMA.

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou con este alumnado dúas xornadas propostas polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) para participar no seu reto "Loita contra a Emerxencia Climática (programa para unha transición ecolóxica)".

Na 1ª sesión recibiron unha charla sobre as causas e consecuencias do cambio climático e as súas evidencias en Galicia, e na 2ª sesión participaron nun obradoiro para calcular a súa pegada ecolóxica, co obxectivo de adquirir conciencia do propio impacto ambiental e de discorrer e propoñer como poderían mitigar os seus efectos. A actividade rematou cunha interesante reflexión:

"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo" (Eduardo Galeano)

Distribuir contido


by Dr. Radut