O pasado venres 4 de febreiro, o alumnado de 2º curso de CM de Electricidade asistiu á Feria Internacional de Galicia Enerxétika, organizada en Silleda.
Negocio, innovación, análise e divulgación foron os eixes dun foro imprescindible para a interacción das empresas coa súa contorna ante o momento excepcional e determinante que vive o sector da enerxía.