Publicada a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022-2023.
- O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído), é dicir: do 19 de maio de 2022 ao 22 de xuño de 2022 (incluído)
INSTRUCIÓNS PARA PRESENTAR A SOLICITUDE
As solicitudes poderanse presentar de forma electrónica ou presencial:
- Presentación electrónica: accedendo aos anexos dispoñibles na aplicación FondoLibros, realizarase a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED330B); será necesaria unha solicitude por cada fillo/a.
- Presentación presencial (na Secretaría do centro): utilizando o Anexo I e II da Orde da convocatoria. Pódese descargar tamén o Anexo II, por separado, para aquelas familias nas que o espazo previsto no cadro non é suficiente (deberase cumplimentar e enviar tantos anexos como sexan necesarios).
Para máis información, consulta aquí:
- A orde do 29 de abril de 2022 (DOG 18/5/22)
- O extracto da orde do 29 de abril de 2022 (DOG 18/5/22)
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Orde29abril2022.pdf | 1.11 MB |
ExtractoOrde29abril2022.pdf | 433.8 KB |
FNDLIB_MU_ManualCidadan.pdf | 2.18 MB |
AnexoI e II_FondoLibros22-23.pdf | 1.61 MB |
AnexoII.pdf | 990.25 KB |