Skip to Content

Comezo de curso 2023-2024

04/09/2023 10:25
15/09/2023 10:25
Europe/Madrid

O día 11 de setembro comeza a actividade lectiva no IES Félix Muriel tal e como aparece recollido na Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

O horario será o que se indica a continuación:

8:30

Presentación dos grupos de 1º ESO

Presentación dos grupos de 1º e 2º de Ciclo Medio

9:20

Presentación dos grupos de 2º e 3º ESO no patio central

Presentación dos 4º ESO e Bacharelato detrás do edificio Anexo

Ao rematar as presentacións, comezarán as sesións lectivas habituais, polo cal cómpre que o alumnado TRAIA O MATERIAL NECESARIO: caderno/ficheiro/folios e bolígrafo.

 

FELIZ REGRESO AO FELIX MURIEL!

Matrícula no CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia

Do 1 ao 29 de setembro ás 13.00 horas está aberto o prazo de matrícula para cursar 1º de CM en Atención a Persoas en Situación de Dependencia para as prazas que quedaron sen cubrir. As prazas cubriránse por orde de chegada e matrícula. O requisito para cursar o ciclo é ter a titulación mínima da ESO ou unha FP Básica.

O formulario de matrícula vai adxunto a esta nova, e tamén está a disposición na Administración do IES de 8.30 a 14.00 horas. Ademáis do formulario, haberá que entregar certificación académica ou título de ter acadado o requisito académico correspondente, fotocopia do DNI, dúas fotografías e o xustificante do pago de seguro escolar se a persoa é menor de 28 anos.

 

Libros de texto 2023-2024

Achéganse as listaxes de libros de texto para o vindeiro curso 2023-2024.

Atendan as indicacións dos manuais marcados con (*) xa que cómpre esperar ata setembro e que confirme o profesorado a súa necesidade ou non.

CALENDARIO SOLICITUDE E ADMISIÓN FP

16/06/2023 18:58
Europe/Madrid

Xúntase o calendrio de admisión para acceder aos ciclos medios e superiores de FP. Lembrade que o centro oferta o Ciclo Medio en Atención a persoas en Situación de Dependencia (25 prazas). O prazo de solicitude comeza o día 23 de xuño. Se queres máis información, contacta con nós.

AXUDAS FCT

No taboleiro de novas de ciclo encóntrase exposta a listaxe provisional de persoas solicitantes de axudas para a FCT do curso 2022-2023.

Pesar no IES

A comunidade educativa do IES Félix Muriel está hoxe de loito polo falecemento de Adrián Neo Romero, alumno do centro. Enviamos o noso cariño e apoio máis sentido á súa familia e amizades.

Follas de matrícula curso 2023-2024

Poden descargar as follas de matrícula para o curso 2023-2024, se ben tamén levan unha copia no sobre de matrícula.

Así mesmo achégase o documento para solicitar o cambio de modalidade en Bacharelato. 

Gañadores VIII Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos

Parabéns a Celia Arcos Resúa (2º BAC) e Abel Rodríguez Ferreiro (1º BAC) acadaron o 2º premio na VIII Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos, que distingue as categorías de lingua grega e lingua latina.
 
O acto tivo lugar o xoves, 15 de xuño ás 17.00 no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela

 

 

Matrícula ESO e BACHARELATO. Curso 2023-2024

26/06/2023 09:30
29/06/2023 13:30
Europe/Madrid

As datas para a matrícula do curso 2023-2024 son as que seguen:

  • 26 de xuño. 1º ESO
  • 27 de xuño: 2º e 3º ESO
  • 28 de xuño: 4º ESO e BAC
  • 29 de xuño: BAC

Horario de atención ao público: 09:30 a 13:30 horas.

 

CALENDARIO PROBAS EXTRAORDINARIAS BACHARELATO

19/06/2023 08:30
21/06/2023 14:10
Europe/Madrid

Achégase ocalendario das probas extraordinarias de Bacharelato, que segundo as indicacións da Consellería de Educación, se deben realizar os días 19, 20 e 21 de xuño.

 

Indícase o día, hora e aula en que terá lugar cada unha das probas. O alumnado de 2º de Bacharelato con materias pendentes, realizará as probas desas materias no horario de 1º de Bacharelato.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut