Skip to Content

Inglés

Programacións didácticas 2023-2024

As PD do Departamento de Inglés pódense ver dentro do apartado Oferta educativa en cada un dos cursos correspondentes

Adaptación programación 2019-2020

Adaptación da Programación Didáctica do curso 2019-2020

Updating and Upgrading IEs Felix Muriel English Department: Reciclándonos e revalorándonos

Aprender unha  lingua  é unha tarefa que nunca pode darse por rematada, por iso ensinala convértese nun modo de vida.  Cando a lingua é unha lingua estranxeira unha precisa facer esforzos conscientes para manter e incrementar o nivel de competencia.

VIDEOCONFERENCIA CO COLEXIO CAÑADA BLANCH DE LONDRES

O alumnado pertencente ao EDLG conversou a través dunha videoconferencia cos rapaces do centro educativo Cañada Blanch en Londres, comprobando que o galego tamén serve para comunicarse nas illas Británicas. Esta actividade foi froito da colaboración entre o noso equipo de EDLG e Xaime Varela, profesor de galego no centro londinense e autor do blogue Fala Londres, onde poderedes atopar moitas das actividades que realiza cos seus alumnos.

ESTADÍA EN POLONIA

Os rapaces de 3º da ESO tiveron a oportunidade de aprender máis sobre Polonia grazas á súa compañeira Sarela Betanzos Freire, de 3º D. O día 26 de xaneiro na Biblioteca explicoulles aos seus compañeiros de 3º A e B como foi a súa estadía en Polonia coa axuda dun powerpoint e respondeu ás súas preguntas e curiosidades. O día 2 de febreiro foron os alumnos de 3º da ESO C e E os que asistiron a esta actividade. Gracias Sarela!

CONTACONTOS EN INGLÉS E GALEGO

Na tarde do 16 de xaneiro, estiveron na biblioteca Tim Bowley e Charo Pita, para contarlles aos rapaces de 4º da ESO e 1º de Bacharelato contos de todo o mundo en inglés e galego.

Calendario exames de pendentes 1º Bach

Calendario exames de pendentes 1º Bach:


1ª proba: martes 17 de xaneiro ás 4.20 da tarde


2ª proba: martes 24 de abril ás 4.20 da tarde

Nova sección de libros en lingua inglesa na biblioteca do centro

Agora que se aproximan as vacacións de Nadal e que todos teremos máis tempo para dedicarlle á lectura, igual queredes pasar pola nosa biblioteca e botar unha ollada á sección de libros en inglés, que teñen agora un recuncho propio e que están á disposición de tod@s. Atoparedes lecturas graduadas de todos os niveis e diversa temática.


Enjoy your reading and Merry Christmas!!

Distribuir contido


by Dr. Radut