Skip to Content

O 8M no Félix Muriel


O grupo EKOS, formado por alumnado de 2º Bacharelato do IES Félix Muriel, achéganos esta listaxe de música reivindicativa para o 8M, e que agora podedes acceder a ela a través da ligazón.

 

https://open.spotify.com/playlist/78hRxizMhVADzKEgyFYMDA?si=VCuKb3TUTR2ekNqh7xBPcg&pi=e-73V7d8BfSDSP&nd=1&dlsi=0bcd53765af744a2

 

Entre a lista podes atopar esta canción de Fillas de Casandra

 

Ao longo da semana, ademais, desenvolvéronse diversas actividades relacionadas coa reivindicación da igualdade entre homes e mulleres e que terán como acto final a "manifestación dos mandís", que saíra do centro o día 8 ás 12:00 horas para chegar á praza Castelao a iso das 12:45. Alí lerase o manifesto e actuara Paulina. 

O obxectivos destas actividades é visibilizar as nosas heroínas anónimas, por iso convidamos a toda a comunidade educativa a participar na manifestación pola igualdade.

8 de marzo Día Internacional da Muller Traballadora

Á atención da comunidade educativa do IES Félix Muriel en relación ao 8 de marzo,
Día Internacional da Muller Traballadora:


A semana do luns 4 ao venres 8 de Marzo, o grupo de traballo do alumnado de 2º de Bacharelato desenvolverá unha serie de actividades relacionadas coa reivindicación da igualdade entre homes e mulleres e coa celebración
do 8M.
Entre esas actividades, este grupo de alumnas e alumnos dará charlas polas aulas sobre a orixe e historia desa conmemoración, recitará poemas escritos por mulleres e porá música feita por mulleres. Ademais o día 8 presentará o documento audiovisual, Heroínas anónimas, que veñen elaborando desde o Nadal.
O obxectivo destas actividades é visibilizar as nosas heroínas anónimas, as mulleres que asumen todos os traballos relacionados cos coidados, sen os cales a sociedade non podería funcionar.
Como acto final e reivindicativo, para o venres 8, o alumnado está a preparar a manifestación dos mandís, coa intención de simbolizar a través do mandil o labor doméstico e de coidados ao que sempre foi destinada a muller, para ao final do percorrido, na praza Castelao, converter ese mandil nunha capa de heroína, representando a esas
heroínas anónimas que son as mulleres do común. A esta manifestación está convocada toda a comunidade educativa non só do IES Félix Muriel senón tamén de todos os centros educativos do concello de Rianxo. O percorrido realizarase desde os centros e finalizará ás 12:45h diante do concello, onde se lerá o manifesto redactado por este grupo de alumnas e alumnos, despois do cal a cantante Paulinha interpretará varias das súas
cancións.
Estas son as razóns que o grupo de traballo EKOS, formado por alumnado de 2º de Bacharelato do instituto de Rianxo dan para este acto reivindicativo:
1. Porque as mulleres son as que sofren acoso nas rúas, no traballo, na casa... Porque as mulleres seguen a ser as agredidas, as violadas, as asasinadas polo feito de seren mulleres.
2. Porque as mulleres seguen asumindo maioritariamente unha dobre xornada dentro e fóra do fogar; porque son as mulleres as que maioritariamente coidan as crianzas ou familiares dependentes.
3. Porque en moitos sectores laborais as mulleres cobran menos por facer o mesmo traballo que os homes e teñen máis contratos a tempo parcial.
4. Porque as mulleres viven co medo a ser despedidas cando se converten en nais.
5. Porque as mulleres teñen peores pensións que os homes.
Agradecemos a colaboración do concello no control do tráfico para protexer os participantes na manifestación durante o seu percorrido.

 

 

 

 

Certame artístico Cousas

21/02/2024 17:36
Europe/Madrid

Hoxe presentous no IES Félix Muriel a 1ª convocatoria do Certame artístico Cousas.

No certame poden participar todas as persoas menores de 19 anos que estean cursando ESO, Bacharelato e Formación profesional no curso escolar 2023-24.

O prazo para presentar as obras remata o vindeiro 31 de marzo de 2024.

Podes consultar as bases na propia web do certame https://certame-cousas97.webnode.pt/ ou nesta publicación.

Anímate a participar e a difundir o certame!! (podes compartir o cartaz que aparece adxunto).

Día de Rosalía

No IES Félix Muriel sumámonos á celebración do Día de Rosalía.

Axudas para a realización de actividades en formación de linguas

Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

 

Destinatarios: alumnado que curse 1º ou 2º de Bacharelato neste curso académico 2023-2024

Tempo de duración: 3 semanas en Canadá, Francia, Portugal ou Reino Unido.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Prazo: ata o 29 de febreiro

Convocatoria Erasmus+ para prácticas FCT alumnado 2º CM

04/12/2023 09:49
Europe/Madrid

Neste curso 2023-24 o IES Félix Muriel como centro acreditado Erasmus+ pon en marcha o seu proxecto KA121 VET. O cal está dotado de 3 prazas para realizar mobilidades no exterior de alumnado do 2º curso do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

O alumnado interesado e seleccionado poderá realizar o módulo da FCT (formación en Centros de Traballo) nunha entidade, organización, institución nun país estranxeiro.

É requisito fundamental que o alumnado seleccionado teña superados o resto dos módulos do ciclo na convocatoria ordinaria de marzo.

En adxunto poden consultarse:

- A convocatoria.

- As bases.

- O formulario de solicitude.

Consideramos importante a internalización do noso centro pero sobretodo sabemos que é unha experiencia enriquecedora para o noso alumnado.

Anímate a participar. O prazo para a presentación das candidaturas é ata o 31 de decembro.

O proceso de selección de candituras está en marcha. A semana do 15 de xaneiro de 2024 a Comisión de selección Erasmus realizará as entrevistas ás persoas candidatas.

En adxunto (tamén pode verse no taboleiro de anuncios do CM) indícanse as horas e datas das entrevistas.

 Tras a realización da baremación e as entrevistas persoais ás candidaturas presentadas, a Comisión publica unha resolución co resultado do proceso selectivo. En adxunto poden verse as puntuacións acadadas por cada persoa candidata. Haberá ata o mércores 1 de xaneiro para reclamacións.

 

GUÍA MEDIACIÓN PARENTAL PARA UN USO SEGURO E RESPONSABLE DE INTERNET POR PARTE DOS MENORES

Achegamos como ficheiro adxunto, esta guía elaborada polo INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade) que agardamos sexa de interese e utilidade.

Publicación do Glosario Violeta

Temos o enorme pracer de comunicarvos que o venres, 24 de novembro, ás 19:00 horas,  presentarase no Auditorio de Rianxo a Publicación do Glosario Violeta, no marco dos actos contra a violencia de xénero.

Lembramos que este Glosario foi realizado por alumnado de 2º de bacharelato durante o curso 2021-2022, no noso IES co apoio da docente Sofía Rama.

Dous cursos despois por fin ve a luz esta publicación que tanto esforzo e adicación supuxo para o noso alumnado.

Animamos a toda a comunidade educativa a acudir á presentación oficial organizada polo Concello de Rianxo.

Cursos formación Erasmus + profesorado

En febreiro de 2023 o IES Félix Muriel acreditouse como Centro Erasmus+ tanto para a modalidade de escolar (SCH) como de Formación Profesional (VET).
Isto permítenos que tanto o profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e/ou Bacharelato como o profesorado de Formación profesional do IES poida solicitar a súa participación nun curso de formación no estranxeiro co financiamento do programa Erasmus.

O prazo de presentación das solicitudes e documentos será dende hoxe ata o 12 de decembro, ao correo ies.felix.muriel@edu.xunta.gal  indicando no asunto “Mobilidade Erasmus+”, ou a través da secretaría do IES.

Nos documentos anexos dispoñedes de toda a información.


Animádevos a participar, é unha experiencia realmente enriquecedora.

Participación nunha aprendizaxe por observación (Job Shadowing) de profesorado

En febreiro de 2023 o IES Félix Muriel acreditouse como Centro Erasmus+ tanto para a modalidade de escolar (SCH) como de Formación Profesional (VET).
Isto permítenos que tanto o profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e/ou Bacharelato como o profesorado de Formación profesional do IES poida solicitar a súa participación nunha aprendizaxe por observación (job shadowing) no estranxeiro co financiamento do programa Erasmus.

O prazo de presentación das solicitudes e documentos será dende hoxe ata o 12 de decembro, ao correo ies.felix.muriel@edu.xunta.gal  indicando no asunto “Mobilidade Erasmus+”, ou a través da secretaría do IES.

A información completa e mais os formularios de solicitude están ao voso dispor nos anexos.


Animádevos a participar, é unha experiencia realmente enriquecedora.

Distribuir contido


by Dr. Radut