Skip to Content

ACTIVIDADES

8 de marzo Día Internacional da Muller Traballadora

Á atención da comunidade educativa do IES Félix Muriel en relación ao 8 de marzo,
Día Internacional da Muller Traballadora:

A semana do luns 4 ao venres 8 de Marzo, o grupo de traballo do alumnado de 2º de Bacharelato desenvolverá unha serie de actividades relacionadas coa reivindicación da igualdade entre homes e mulleres e coa celebración do 8M.
Entre esas actividades, este grupo de alumnas e alumnos dará charlas polas aulas sobre a orixe e historia desa conmemoración, recitará poemas escritos por mulleres e porá música feita por mulleres. Ademais o día 8 presentará o documento audiovisual, Heroínas anónimas, que veñen elaborando desde o Nadal.
O obxectivo destas actividades é visibilizar as nosas heroínas anónimas, as mulleres que asumen todos os traballos relacionados cos coidados, sen os cales a sociedade non podería funcionar.
Como acto final e reivindicativo, para o venres 8, o alumnado está a preparar a manifestación dos mandís, coa intención de simbolizar a través do mandil o labor doméstico e de coidados ao que sempre foi destinada a muller, para ao final do percorrido, na praza Castelao, converter ese mandil nunha capa de heroína, representando a esas heroínas anónimas que son as mulleres do común. A esta manifestación está convocada toda a comunidade educativa non só do IES Félix Muriel senón tamén de todos os centros educativos do concello de Rianxo. O percorrido realizarase desde os centros e finalizará ás 12:45h diante do concello, onde se lerá o manifesto redactado por este grupo de alumnas e alumnos, despois do cal a cantante Paulinha interpretará varias das súas cancións.
Estas son as razóns que o grupo de traballo EKOS, formado por alumnado de 2º de Bacharelato do instituto de Rianxo dan para este acto reivindicativo:
1. Porque as mulleres son as que sofren acoso nas rúas, no traballo, na casa... Porque as mulleres seguen a ser as agredidas, as violadas, as asasinadas polo feito de seren mulleres.
2. Porque as mulleres seguen asumindo maioritariamente unha dobre xornada dentro e fóra do fogar; porque son as mulleres as que maioritariamente coidan as crianzas ou familiares dependentes.
3. Porque en moitos sectores laborais as mulleres cobran menos por facer o mesmo traballo que os homes e teñen máis contratos a tempo parcial.
4. Porque as mulleres viven co medo a ser despedidas cando se converten en nais.
5. Porque as mulleres teñen peores pensións que os homes.
Agradecemos a colaboración do concello no control do tráfico para protexer os participantes na manifestación durante o seu percorrido.

https://correoweb.edu.xunta.gal/imp/view.php?actionID=view_attach&id=2&muid=%7B5%7DINBOX91931&view_token=wHQi9_uegdjDywiKy00xv8E&uniq=1709112387254

DÍA DOS ESCRITORES E ESCRITORAS EUROPEOS

O 27 de marzo celebrouse o Día dos escritores e escritoras europeos. Desde o IES Félix Muriel contribuímos a esta celebración coa lectura da obra de Rafael Dieste Dos arquivos do trasno, a cal se realizou en directo e da que podes ver a gravación premendo na ligazón: 

https://www.youtube.com/live/978JVNxBkkE?app=desktop&feature=share&fbclid=IwAR2wCpkejBlJaxTFVH0RBGTsRNzEl7oqXcb3WLla7rRTcpeT8Eto-aXR23c 

 

Semana da Diversidade

O luns 27 de marzo comezou a VII Semana da Diversidade. na cal participan, á parte de todo o alumnado do centro, as seguintes entidades e persoas: Fundación Vicente Ferrer, AMIPA, Asociación Ambar, Asociación Acougo, Asociación A'Creba, Asociación Misela, Solidariedade internacional, CRA Rianxo, Adrián Mosquera (piragüista) e Marcelo Lusardi (skater).

GAÑADORAS E GAÑADORES DO CONCURSO DE DESEÑO XOUBA'S

16/03/2023 13:16
Europe/Madrid

Abre o arquivo adxunto para coñecer o nome das persoas gañadoras do concurso

DÍA DE ROSALÍA

O 23 de febreiro celébrase en toda Galiza o Día de Rosalía e o noso centro, como non podía ser doutro xeito, sumouse ao evento realizando varias actividades, entre elas, o Caldo de Gloria (estabavos ben bo!) e o recitado de poemas da autora.

Caldo de Gloria          

 

 

DÍA DE CASTELAO E DA PAZ

Como todos os anos a comunidade educativa do IES Félix Muriel celebra o Día da Paz e o Día de Castelao, conxuntamente, xa que, se hai unha figura que se identifica coa paz en Galiza, esta non é outra ca o rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Este ano, entre outras moitas actividades, optouse por un lectura continuada da súa obra, a cal está sendo retransmitida en directo.

A lectura comezou coa intervención do director do centro, Ramón Veiga, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, en representación do pobo de Rianxo, e continuou co alumnado, profesorado, persoal non docente, pais e nais...

 

 

 

 

Campionato de Voleibol

Onte rematou o campionato de voleibol e aquí temos o equipo gañador. Parabéns a todo o alumnado que participou.

SOMOS A PRIMEIRA ESCOLA AZUL EUROPEA DE GALICIA

Onte, o Día Mundial dos Océanos, soubemos que o IES Félix Muriel foi admitida como a primeira Escola Azul Europea de Galicia

Comezamos novos proxectos educativos con moita ilusión!

Monte Vivo gañadora do premio Cineduca do Ateneo

A curtametraxe Monte Vivo gañadora dos premios Cineduca do Ateneo de Santigo.

Parabéns polo traballo ben feito!

Curtametraxe "Monte Vivo" finalista dos premios Cineduca

A curta Monte Vivo escollida como finalista dos premios Cineduca do Ateneo de Santigo.

O mércores 18 celebrarase a entrega de premios do certame Cineduca do Ateneo de Santiago. A curta Monte Vivo  foi escollida para a final xunto cos traballos presentados polo IES Rosalía de Castro de Santiago e o Colexio Escolapios de Monforte. As tres curtas proxectaranse no Teatro Principal a partir das 19h no acto de entrega de premios. Noraboa ao alumnado e profesorado participante e ao proxecto de Biocultura.

Distribuir contido


by Dr. Radut