Skip to Content

Publicación cualificacións 2º BAC

As cualificacións da avaliación ordinaria de 2º de Bacharelato serán publicadas hoxe, 16 de maio, ás 20:00 horas a través de Abalar. Cómpre ter en conta que ás veces o sistema precisa dun tempo para actualizar os datos polo cal pode tardar en facelas públicas.

As reclamacións ante as Xefaturas de Departamento realizaranse no prazo establecido que vai do día 18/05/23 ás 09:00 horas ata o 19/05/23 ás 13:00 horas. Dispoñen dun modelo nesta mesma páxina en Documentos do centro > Modelos e solicitudes > Reclamacións ESO e Bacharelato.

Un saúdo e sorte

Coñecendo o Patrimonio do Araño

Espectacular visita guiada ao Patrimonio do Araño de alumnado do IES Félix Muriel coa colaboración da AA VV de Araño na que visitamos o Hórreo e casa parroquial de Araño, o camiño real e vía crucis, a casa da fonte, Pazo dos Calote e o muíño da Beiga que Anselmo puxo a funcionar para poder observar o mecanismo do muíño.
Parabéns a AA VV de Araño por poñer en valor o seu Patrimonio cultural e achegar este ás novas xeracións.

Programacións convocatoria probas libres obtención títulos FP LOE

18/04/2023 12:00
28/04/2023 12:00
Europe/Madrid

Xúntanse as programacións que rexerán as probas libres para os módulos do CM en Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

Info Europass 2023

O IES Félix Muriel participou no Infoday Europass 2023 que tivo lugar en Madrid  o 12 de abril. á reunión asistiu o Director, Ramón Veiga, e mais a Vicedirectora, Mamen Teijido. Construíndo Europa desde Rianxo. 

 

BOLSAS DO MINISTERIO

Está aberto o prazo para solicitar as bolsas de estudo do Ministerio para o curso 2023-24. Para máis información tedes que clicar ou escribir o seguinte enlace: https://www.becaseducacion.gob.es

ou empregar este código Qr

NON ESQUECER ASINAR E PRESENTAR ELECTRÓNICAMENTE A SOLICITUDE

IMPRIMIR A XUSTIFICACIÓN DE PRESENTACIÓN E PRESENTAR A DOCUMENTACION QUE SE LLE REQUIRE SE ESTÁ VOSTEDE NALGUNHA DAS CIRCUNSTANCIAS QUE SE LLE INDICAN. Esta documentación ten que enviala:

a) Se ten vostede a chave 365 a través da páxina: https://sede.xunta.gal

b) Ou a través dos rexistros administrativos (CONCELLO, DEPUTACIÓN, XUNTA, DA ADMINISTRACIÓN PERIFÉRICA DO ESTADO, OU POR CORREO POSTAL).     

Diríxao sempre ao seguinte enderezo:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

R/ Vicente Ferrer, 2 - 15071 A Coruña

DÍA DOS ESCRITORES E ESCRITORAS EUROPEOS

O 27 de marzo celebrouse o Día dos escritores e escritoras europeos. Desde o IES Félix Muriel contribuímos a esta celebración coa lectura da obra de Rafael Dieste Dos arquivos do trasno, a cal se realizou en directo e da que podes ver a gravación premendo na ligazón: 

https://www.youtube.com/live/978JVNxBkkE?app=desktop&feature=share&fbclid=IwAR2wCpkejBlJaxTFVH0RBGTsRNzEl7oqXcb3WLla7rRTcpeT8Eto-aXR23c 

 

Semana da Diversidade

O luns 27 de marzo comezou a VII Semana da Diversidade. na cal participan, á parte de todo o alumnado do centro, as seguintes entidades e persoas: Fundación Vicente Ferrer, AMIPA, Asociación Ambar, Asociación Acougo, Asociación A'Creba, Asociación Misela, Solidariedade internacional, CRA Rianxo, Adrián Mosquera (piragüista) e Marcelo Lusardi (skater).

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DE TÍTULOS DE FP

27/03/2023 16:00
28/04/2023 13:00
Europe/Madrid

Publicado o calendario, a oferta clasificada por provincia e concello, e a actualización da información das Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2022-2023.

O prazo de presentación de solicitudes de admisión é do 17 ao 28 de abril de 2023 ata as 13:00h.

http://www.edu.xunta.gal/fp/probas-libres-convocatoria-actual

Becas para participar no programa «Campus de profundización científica para estudiantes de educación secundaria obligatoria»

21/03/2023 15:05
Europe/Madrid

Convocadas becas para participar no programa "Campus de profundización científica para estudiantes de la ESO" en Soria. Información completa no documento adxunto.

 

 

 

GAÑADORAS E GAÑADORES DO CONCURSO DE DESEÑO XOUBA'S

16/03/2023 13:16
Europe/Madrid

Abre o arquivo adxunto para coñecer o nome das persoas gañadoras do concurso

Distribuir contido


by Dr. Radut