Skip to Content

Matrícula ESO e BAC para o curso 2022-2023

27/06/2022 10:00
01/07/2022 14:00
Europe/Madrid

A matrícula na ESO e en Bacharelato para o curso 2022-2023 realizarase nos días que se indican a continuación:

 

  • 1º ESO: 27 de xuño
  • 2º ESO: 28 de xuño
  • 3º ESO: 29 de xuño
  • 4º ESO: 29 de xuño
  • Bacharelato: 30 de xuño e 1 de xullo.

 

O día 23 estarán en Conserxería os sobres de matrícula nos cales se indica toda a documentación que deben achegar no momento de formalizar a matrícula.

Deixamos ao seu dispor a folla de matrícula correspondente a cada curso.

Así mesmo, co fin de favorecer a escolla de materias, poden acceder ao apartado Oferta Educativa, onde teñen ao seu dispor as materias que se cursan en cada nivel e as optativas que poden escoller, con información relativa a algunhas das materias.

Reclamacións ESO e Bacharelato

27/06/2022
Europe/Madrid

Achéganse os modelos de reclamación para as cualificacións da avaliación final -ESO, Bacharelato- e/ou extraordinaria -só Bacharelato- nos prazos pertinentes.

 

 

Admisión en FP para o curso 22/23

23/06/2022 09:00
05/07/2022 13:00
Europe/Madrid

Xa está publicado o calendario de admisión en FP para o curso 22/23

Poden acceder a toda a información na seguinte ligazón

https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-curso-2022-2023

 

 

SOMOS A PRIMEIRA ESCOLA AZUL EUROPEA DE GALICIA

Onte, o Día Mundial dos Océanos, soubemos que o IES Félix Muriel foi admitida como a primeira Escola Azul Europea de Galicia

Comezamos novos proxectos educativos con moita ilusión!

Segunda oportunidade alumnado con pendentes

Probas extraordinarias BACHARELATO

20/06/2022 08:30
22/06/2022 14:30
Europe/Madrid

Achégase o horario das probas extraordinarias de 1º e 2º de Bacharelato, as cales terán lugar entre o día 20 e 22 de xuño de 2022.

Solicitude de axudas para libros e material escolar e acceso ao fondo de libros

19/05/2022 10:02
22/06/2022 10:02
Europe/Madrid

A Xunta abre prazo para que as familias soliciten axudas para libros e material escolar e acceso a fondo libros.

O período para presentar solicitudes -preferentemente telemático- permanecerá aberto ata o 22 de xuño.

Monte Vivo gañadora do premio Cineduca do Ateneo

A curtametraxe Monte Vivo gañadora dos premios Cineduca do Ateneo de Santigo.

Parabéns polo traballo ben feito!

Prazos para alumnado 2º Bacharelato

18 / MAIO Avaliación ordinaria Publicación das cualificación en Abalar

19 / MAIO Apertura do prazo de reclamacións de cualificación ao Departamento. Folla de reclamación á súa disposición en Administración.

Comezo do trámite de solicitude do título de Bacharel e matrícula ABAU. Recoller a documentación en Administración.

20 / MAIO 12:00 horas. Remate do prazo de Reclamación.

23/ MAIO 12:00 horas. Límite de prazo para a resolución por parte dos Departamentos.

O alumnado do proxecto "Climate Change studies and research in the EU" en Rijeka (Croacia)

Durante esta semana o alumnado participante no proxecto Erasmus + "Climate Change studies and research in the EU", está en Rijeka (Croacia), xunto co alumnado de Galway (Irlanda) que tamén traballa no proxecto.

 A prensa croata inclúe novas relacionadas con este proxecto, tal e como podedes ver na seguinte noticia:

https://magazin.hrt.hr/mladi/susacki-gimnazijalci-s-kolegama-iz-spanjolske-i-irske-ciste-okolis-u-rijeci-7402286

Distribuir contido


by Dr. Radut