Skip to Content

Positivo por COVID-19 (23/12/2021)

Bo día,

desde o IES Félix Muriel infórmase de UN novo caso positivo de COVID-19 notificado pola Consellería no día de hoxe. 

Positivo por COVID-19 (22/12/2021)

Boa tarde,

desde o IES Félix Muriel infórmase de DOUS novos casos positivos de COVID-19 notificados pola Consellería no día de hoxe. 

Caso de COVID-19

Boa tarde,

desde o IES Félix Muriel infórmase de UN caso positivo de COVID-19 notificado pola Consellería no día de hoxe. 

As persoas que sexan consideradas contacto estreito recibirán unha chamada do centro de seguimento e un abalar específico desde o centro. 

Para máis información, poden ler a carta que se adxunta.

Un saúdo e boas festas

Ler dá soños!

Desde a Biblioteca do IES Félix Muriel chégannos estas recomendacións para gozar das vacacións cun libro. Moitas grazas a todas e todos os que participaron e compartiron connosco o seu pracer pola lectura.

Agardamos que as desfrutedes e pasedes unhas FELICES FESTAS!

 

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Dentro das actividades relacionadas co mes da Ciencia en galego, o alumnado de 4º ESO B explicoulle a varios grupos de 2º ESO e 3º ESO algunhas das reaccións químicas que traballan nas aulas.

25 N. SEMPRE VIVAS

O IES Félix Muriel sumouse ao longo deste mes, e especialmente onte,  aos actos contra a violencia de xénero que teñen lugar en todo o mundo.

 

Podedes acceder a toda a información na seguinte ligazón: Bico da Ría.

Documental Monte Vivo

Proxeccion da curtametraxe Monte Vivo gañadora do FICBUEU 2021

12/11/2021 19:00
Europe/Madrid

 

    O venres, 12 de novembro, proxéctase no Auditorio de Rianxo a      curtametraxe Monte Vivo, gañadora do FICBUEU  na Sección de Escolas Galegas e que foi realizado polo alumnado de 4º ESO B no curso 2020-2022.
 

 Así mesmo, pódese ver o documental en Bico da ría, no seguinte enlace:

 

Presentación do proxecto BIOCULTURA

O xoves 4 de novembro realizouse unha presentación pública do labor do Laboratorio Ecosocial do Barbanza e dos proxectos Semente premiados na convocatoria 2021, entre os que está o proxecto de Biocultura do IES Félix Muriel. Ao acto acudiron os responsables da Fundación Ría, o arquitecto David Chipperfiel, os máximos responsables da Fundación Banco de Santander, o Rector da USC, o responsable do grupo de investigación HISTAGRA d USC, o alcalde de Rianxo e o director do noso IES.

Proxecto Erasmus + "Climate Change studies and reseach in the EU"

Hoxe preséntase no IES Félix Muriel o resultado do proxecto Erasmus + "Climate Change studies and research in the EU", no cal participou alumnado de Rianxo,  Galway (Irlanda) e Rijeka (Croacia).

No proxecto implicouse o profesorado dos departamentos de Ciencias Naturais, Física e Química e Inglés.

O alumnado croata e irlandés atópase esta semana en Rianxo para coñecer a zona e o noso centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut