O pasado xoves celebramos o Entroido no Macías. O centro organizou un concurso de comparsas, no que os grupos participantes debían presentar un disfraz conxunto (cando menos 6 alumnos por clase) sobre a temática elixida este ano: As nosas materias. Tivemos comparsas que se inspiraron en Inglés, Historia, Bioloxía, Administración...
NORABOA Á COMPARSA VENCEDORA: 1º ESO B!!!
Agredecemos aos participantes a súa dedicación e traballo, e ao xurado o seu labor de avaliación. Finalmente, ademáis da calidade dos disfraces, o xurado atendeu tamén á calidade das coplas que os grupos presentaron e a súa simpatía no escenario. As coplas satíricas ou irónicas, falaron da vida no centro, do profesorado, de Shakira e Piqué...
Pasámolo moi ben e desfrutamos!!!