Saltar navegación.
Inicio

Administración

Os alumnos do Ciclo Superior de Administrativo na Biblioteca Pública de Verín

O día 20 deste mes de xaneiro, os alumnos do Ciclo Superior de Administrativo visitaron á Biblioteca Pública de Verín. Alí puidaron ver como se administran os seus recursos na procura de dar un bo servicio a os seus usuarios.

Visita dos alumnos e alumnas de FP Básico - Servizos Administrativos a Cabreiroá

Visita dos alumnos e alumnas de FP Básico de 1º e 2º de Servizos Administrativos ás instalacións de Cabreiroá. Na mesma, Marisé, traballadora das oficinas da compañía aportou unhas breves pinceladas da historia do manantial de Cabreiroá e das primeiras instalacións da empresa, así como das principais propiedades da auga como recurso imprescindible para o seu desenvolvemento e crecemento corporativo.

Asimesmo o alumnado observou de primeira man o traballo nas propias oficinas, onde puideron comprobar o sistema de archivo, así como o sistema de rexistro de pedidos e albaráns. 

Nas mesmas instalacións compartiron vivencias co alumno de Ciclo Medio de Administrativo do noso IES, Jonathan, que conseguíu o posto de traballo logo de levar a cabo a Formación en Centros de Traballo no curso anterior na propia empresa. Isto servíu como motivación e como experiencia moi positiva para o noso alumnado de cara a valorar de maneira máis positiva os estudos que actualmente están cursando.

Para rematar, visitáronse as propias instalacións de embotellado e a cadea de producción para que os alumnos e alumnas observaran o proceso que segue o produto ata a súa expedición aos consumidores.

CONSTRÚE O TEU FUTURO

Distribuir contido