Saltar navegación.
Inicio

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Chega o Magosto O García Barbón!!!

MURAIS DE OUTONO 

Durante este de mes de novembro desenvolvéronse no IES García Barbón diversas actividades relacionadas coa estación outonal. Unha das máis creativas resultou ser a elaboración de varios decorados que ambientaron os corredores do centro cun remuíño de sensacións visuais cargadas de ocres, amarelos, verdes e vermellos saídos das platinas dos alumnos de FP Básica de Automoción e deAdministrativo que da man das súas profesoras Marta, Ana e Carme xunto co EDL puxeron as notas de cor.

Pódese aprender máis sobre a estación do outono: https://gl.wikipedia.org/wiki/Outono

 

SENSACIÓNS DE OUTONO. MAGOSTÍZATE

O Magosto é unha festa tradicional galega en que o lume e as castañas xogan un papel fundamental.Un ano máis o EDL celebramos o Magosto con produtos típicos da nosa zona e este ano quixemos abrir o abano ós doces elaborados con fariña de castaña así que alumnos e profesorado participamos nunha degustación de galletas, bica, tortas, pudin etc. Todo o repertorio tivo como ingrediente base a raíña do outono, a castaña e ao mesmo tempo demos a coñecer empresas que están a comercializar este tipo de produtos e que teñen máis proxección fóra ca dentro das nosas fronteiras así que dende aquí animámosvos a que investiguedes e consumades este tipo de delicias elaboradas en Galicia.

Para saber máis sobre o magosto: https://gl.wikipedia.org/wiki/Magosto

 

 

IES GARCÍA BARBÓN SAMAÍN 20018

             Samaín 2018 no IES García Barbón     

Un ano máis chegou a festividade de orixe celta aos corredores do centro. O EDL en coordinación cos departamentos de FOL, Filosofía, Administrativo, Matemáticas e Lingua e Literatura Galega vestiron de cabazos o centro para dar a benvida ao aninovo celta e despedir o verán.

Foi unha xornada cultural, lúdica, máxica, chea de tradición e festa.

Se queredes saber máis sobre esta tradición celta lede aquí:

https://portaldaspalabras.gal/lexico/mira-que-din/samain/

 

 

Despezando coches… en galego!

Os alumnos de 1º C.M. de Electromecánica de vehículosautomóbiles realizaron un inventario en lingua galega das distintas pezas dun coche. Esta é unha primeira versión, cuxo deseño será perfeccionado, dun material que consideramos moi útil para estender o emprego da lingua galega no eido dos establecementos relacionados coa automoción.

Pódense consultar premendo aquí.

Os nosos materiais… en galego!

No ciclo medio de Mantemento Electromecánico estamos realizando un pequeno glosario co nome en galego dos materiais que empregamos a diario nos nosos talleres. O obxectivo que queremos acadar é que este glosario chegue aos talleres da comarca e que podan facer uso del.

Pódese consultar premendo aquí.

Un modelo de esquela… en galego!

O modelo de esquela pódese consultar premendo aquí.

Documentación administrativa… en galego!

Os alumnos de Ciclo medio de Xestión Administrativa realizaron estes modelos de documentación administrativa, dispoñibles para descarga premendo aquí.

Intervención do escritor Manuel Núñez Singala

 

Intervención do escritor Manuel Núñez Singala  no salón de actos do IES García Barbón.

22 de xaneiro de 2018.

Moitas grazas polas súas interesantes reflexións e propostas.

 

 

 

 

 

Distribuir contido