Taboleiro de Anuncios
Visita a Augas de Sousas dos alumnos de Mantemento e de Automoción
Enviado por admin o Xov, 21/01/2016 - 00:56Hai uns días, os alumnos de Mantemento e de Automoción achegáronse ata Augas de Sousas e coñeceron de perto distintos aspectos relacionados cos seus estudos. É de agradecer a colaboración desta empresa co IES García Barbón e a formación dos seus alumnos.
Barrios de decembro: Iniciativas e actividades de Nadal no IES García Barbón
Enviado por admin o Xov, 17/12/2015 - 17:17Blogs de profesorado do IES García Barbón.
Enviado por admin o Mar, 15/12/2015 - 17:41Os profesores do IES García Barbón, como froito da súa formación e búsqueda de achegar as TICs ao aprendizaxe dos alumnos, están a traballar nestes blogs. Do seu éxito, dependerá a súa continuidade.
Postal gañadora do I Concurso de Postais de Nadal
Enviado por admin o Ven, 11/12/2015 - 10:27
Postal gañadora que realizou Ismael González Ferreira (estudante de 1º de Bacharelato). Noraboa!
Recursos web do IES García Barbón
Enviado por admin o Ven, 11/12/2015 - 10:22Un servizo de información para o conxunto da comunidade educativa. Seguro que che gustará!
Alumnos do IES García Barbón contra a violencia de xénero
Enviado por admin o Lun, 07/12/2015 - 19:55Neste vídeo o alumnado do noso centro quixo manifestarse en contra de todo tipo de violencia de xénero, a través de lemas que cada un foi escribindo en cartolinas ou no seu propio corpo. Quizabes algún día, quen sabe, estes "berros" comprometidos logren erradicar a violencia de xénero na nosa sociedade.
Viaxe pedagóxica a Porto do alumnado de 2º de Bacharelato
Enviado por admin o Sáb, 05/12/2015 - 14:56Fai uns días, os nosos alumnos de 2º de Bacharelato foron de excursión a Porto (Portugal), onde puideron ver os principais atractivos turísticos da cidade e combinaron unha viaxe pedagóxica e de lecer. Dende aquí, agradecer o bo ambiente da viaxe.
Ademais, os nosos alumnos quixeron agradecer a implicación do profesorado que participou na excursión, o que nos anima a seguir organizando actividades deste tipo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- …
- seguinte ›
- última »