Novas de Interés
Blogorientación automática en base a máis de 100 edublogs
Enviado por admin o Xov, 26/11/2015 - 12:37Iniciativas para a mellora da competencia linguïstica no IES García Barbón
Enviado por admin o Xov, 19/11/2015 - 18:22Asistencia ás V Xornadas Galegas de Saúde Sexual en Pontevedra
Enviado por admin o Lun, 16/11/2015 - 18:52
O pasado día 7 de novembro, os estudantes do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría do IES García Barbón participaron nas V Xornadas Galegas de Saúde Sexual en Pontevedra.
Podedes ler máis información deste ciclo no Faro de Vigo no seguinte enlace (PREMER AQUÍ)
I Concurso de Postais de Nadal
Enviado por admin o Lun, 16/11/2015 - 10:37Xuntanza do Club de Lectura
Enviado por admin o Mar, 03/11/2015 - 19:27O pasado luns, 26 de outubro tivo lugar a primeira xuntanza dos clubs de lectura do noso Instituto. Por unha banda reuniuse o Club de Galego que despois da presentación e organización de horarios decidiron, que como estaba preto o Samaín, facer o xogo do Cadáver exquisito que tivo como resultado final a historia que amosa a fotografía seguinte.
Logo fixeron un comentario das lecturas fantásticas e de terror que elexiran para ese día.
Mercedes Rodríguez Quintas fala da súa experiencia (Linguas Estranxeiras)
Enviado por admin o Lun, 26/10/2015 - 22:02
O día 21 de outubro ás 10.30 tivemos a sorte de poder escoitar a experiencia vital e académica da nosa antiga alumna Mercedes Rodríguez Quintas. Os estudantes de 2º de Bacharelato participaron nesta charla e realizaron preguntas a Mercedes. Moitas grazas pola súa colaboración!
3º Concurso de Calacús - Samaín 2015
Enviado por admin o Ven, 23/10/2015 - 12:17DATA: Do luns 26 ao mércores 28 no recreo da mañá
LUGAR DE ENTREGA: Biblioteca
DATA E LUGAR DE ENTREGA DE PREMIOS: xoves 29 no salón de actos ás 11:20
BASES:
- Pode participar calquera membro da comunidade educativa.
- As cabazas poden ser elaboradas en calquera material (natural, cartón, poliespan, goma eva, metal,…).
- Cada cabaza debe levar escrito manualmente, en papel ou cartolina, un conxuro (meigallo) que pode ser inventado ou tradicional.
- Haberá catro premios:
- Ao máis artístico: Unha cea na zona dos viños de Verín.
- Ao máis elaborado: Unha noite nun hotel de Ourense cunha sesión de baño e masaxe nas Termas das Burgas.
- Ao máis enxebre: Un paseo en catamarán polo Sil, a elexir a época.
- Ao mellor conxuro: Unha cesta con produtos típicos de diversas zonas de Galicia.
Club de conversa en Inglés
Enviado por admin o Ven, 23/10/2015 - 12:11
O vindeiro mes de novembro dará comezo unha nova actividade promovida pola Biblioteca do centro e coa colaboración do Departamento de inglés. Trátase dun grupo de conversa en inglés que está aberto a tódolos membros da comunidade educativa do centro e que ten como obxectivo mellorar a fluidez e a comprensión oral do inglés, empregándoo , ao tempo que nos divertimos e facemos amigos…
O grupo reunirase nun principio unha vez ao mes polas tardes, dende novembro a xuño e será coordinado polas profesoras de inglés do colexio e a profesora de Relixión quen conta coa experiencia de ter vivido en EE.UU durante un período de tempo.
Clubs de lectura
Enviado por admin o Ven, 16/10/2015 - 11:23O vindeiro luns día 26 de outubro dará comezo un CLUB DE LECTURA organizado pola biblioteca do centro e coa colaboración do profesorado dos distintos departamentos. Este Club de Lectura terá dous grupos:
- Para os alumnos de Bacharelato e Ciclos Formativos: Club de Lectura en Galego e no que será coordinadora Beatriz Mira Miñones.
- Para os alumnos de Formación Profesional Básica: Club de Lectura con lecturas e visionados de películas en distintos formatos e no que será coordinador Rubén Silva Rodríguez.
Así pois, todo os interesados deberán asistir á reunión que terá lugar na biblioteca no descanso do mediodía do vindeiro luns 26 de outubro.
Os alumnos, que teñan algunha dúbida ou non poidan asistir, poden consultar as súas dúbidas cos coordinadores de cada un dos clubs ou coa coordinadora da biblioteca Maite Bugallo Castiñeiras.
¡¡ ANIMÁDEVOS!!
HORARIO DE TITORÍAS DE GRUPOS 2015-2016
Enviado por admin o Xov, 01/10/2015 - 17:04- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- seguinte ›
- última »