Saltar navegación.
Inicio

VÍDEO E PRESENTACIÓN DE 2º DE BACHARELATO 2013-2015

Vídeo realizado por Saúl Otero García e presentación creada por Lucía Rúa Afonso.

QUINTA XORNADA DA SEMANA DA SAÚDE 2015

5º día da Semana da Saúde 2015 by Slidely Slideshow

UNHA NOVA XORNADA DA SEMANA DA SAÚDE 2015

Cuarto día da Semana da Saúde by Slidely Slideshow

SEGUNDO DÍA DA SEMANA DA SAÚDE 2015

2º día da Semana da Saúde no IES García Barbón by Slidely Slideshow

PRIMEIRO DÍA DA SEMANA DA SAÚDE 2015

Semana da saúde (1º día) by Slidely Slideshow

ESTUDANTES DO IES GARCÍA BARBÓN NO MES DE MAIO DE 2015

IES García Barbón. Maio de 2015 by Slidely Slideshow

FOTOS DA EXCURSIÓN DOS ESTUDANTES DE COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMARÍA

Excursión alumnas TCAE
 
Itinerario:
 
Martes 21 de Abril:
-Visita centro Aixiña en Ourense:  Asociación para discapacidade física e parálise cerebral. Visitamos as instalación deste centro que está dotado de centro de día para maiores e están xestionando a apertura dunha residencia, teñen centro de día para parálise cerebral, realizan talleres de emprego para persoas con discapacidade e múltiples actividades de estimulación e ocio para as persoas con discapacidade e as súas familias. Neste  centro sitúanse as sedes de varias asociación coas que comparten espazos.
 
- Visita ao Balneario Acuña en Caldas de Reis: visitamos as instalacións deste balneario no que se realizan diversos tratamentos de hidroterapia e respiratorios. Participouse nun circuito termal e algúns alumnos realizaron tratamentos de hidroterapia.
Mércores 22 de Abril:
-Visita CHUS (Complexo Hospitalario Universitario de Santiago): Realizamos un percorrido polos servizos de diálisis, urxencias, esterilización e endoscopias deste hospital, no que fomos recibidos polo director de enfermería do centro e polas supervisoras de cada servizo que nos explicaron en detalle o funcionamento dos mesmos.

 

 
-Visitamos “soluciona grupo EMS”: Empresa situada no polígono industrial en Santiago de Compostela que comercializa produtos de apoio para as actividades da vida diaria en persoas dependentes. Nas súas instalacións simulan unha vivenda adaptada onde nos explicaron as diversas opcións sobre os produtos de apoio para aseo, mobilización, alimentación…
 
Textos e fotos: Beatriz Mira Miñones
 

O escritor Diego Ameixeiras falou da súa obra no IES García Barbón

O día 7 de maio o escritor Diego Ameixeiras falou da súa obra ao alumnado de Bacharelato do IES García Barbón. 


Na súa intervención, fíxo especial fincapé na súa novela “Tres segundos de memoria” –obra que leran os mozos e mozas que escoitaban a súa charla- e explicou as fases do proceso de creación e redacción da mesma. Tamén reflexionou sobre as dificultades de ser escritor en lingua galega en Galicia.


O alumnado mostrou moito interese e realizou unha manchea de preguntas  a Diego Ameixeiras.


 Moitas grazas a Diego pola súa colaboración co IES García Barbón

Distribuir contido