Skip to Content

VISITA AO MUSEO DA FUNDACIÓN FERNANDO BLANCO

 

Dentro das actividades de acollida e convivencia que se están a desenvolver no inicio do curso, o alumnado de 1º da ESO visitou o museo da Fundación Fernando Blanco o pasado venres 20 de setembro.

O noso alumnado tivo a oportunidade de achegarse á figura do noso fundador e partillar sobre as condicións do alumnado no paso do tempo, da man do técnico do museo Darío Arias. 

Moitas grazas Darío pola túa labor.

Continuaremos ao longo dos próximos días con máis actividades de convivencia noutras etapas educativas das cales daremos conta neste portal.

UN PREMIO NOBEL NO FERNANDO

 

O inicio do curso 24-25 veu cargado de sorpresas. O pasado venres 13 de setembro o Premio Nobel de Física Klaus von Klitzing visitou o noso centro educativo na compañía do Físico Jorge Mira, onde foron recibidos pola inspectora de educación Dna. Blanca Rodríguez Latorre e o equipo directivo do centro, nun acto onde o Nobel deixou a súa pegada no libro de honra.

Despois dun percorrido polas instalacións máis emblemáticas do centro, o alumnado de física de bacharelato levou unha gran sorpresa ao contar con todo un premio Nobel na súa aula.

  

 

Ligazón prensa

Fotografía cortesía La Voz de Galicia

Inicio de curso

O vindeiro mércores 11 de setembro dará comezo o curso escolar 24/25. 

As clases de ESO, Bach e Ciclos formativos darán comezo este mércores en horario habitual de 8:30h a 14:00h e de 16:00h a 18:30h.

Á primeira hora da mañá, as 8:30h o alumnado acudirá á súa aula grupo/salón de actos e será recibido pola persoa titora. 

No documento adxunto están as aulas asignadas a cada grupo para mañá mércores 11 as 8:30. As familias ou alumnado maior de idade de 1º e 2º bach revisará na aplicación abalar en que grupo está, A, B ou C.

Para o alumnado de Educación para persoas adultas haberá unha presentación o xoves 12 ás 18:30 no salón de actos.

As clases do programa CUALE comezarán o luns 16.

Matrícula 2º curso Ciclo Superior Automatización e Robótica Industrial Modalidade Dual Intensiva

O alumnado que superou todos os módulos na avaliación final de 1º curso do CS de Automatización e Robótica Industrial debe formalizar a matrícula en 2º curso na secretaría do centro do 2 ao 6 de setembro.

MATRÍCULA EN 1º DE CM E CS (RÉXIME ORDINARIO OU RÉXIME DUAL INTENSIVO) CURSO 2024/25

O alumnado que resultou admitido no IES Fernando Blanco, en 1º de ciclos medios e 1º de ciclo superior (no réxime ordinario), deberá formalizar a súa matrícula entre o día 17 de xullo de 2024 ás 9:00 horas e o 22 de xullo de 2024 ás 13:00 horas (ambos os dous incluídos).

O alumnado de 1º CM Soldadura e caldeiraría (Dual intensiva)deberá formalizar a súa matrícula entre o día 16 de xullo de 2024 ás 9:00 horas e o 24 de xullo de 2024 ás 13:00 horas (ambos os dous incluídos).

A documentación necesaria e os impresos que deben cumprimentar, pódense descargar nos seguintes links:

 

INFORMACIÓN 1º CM E 1º CS RÉXIME ORDINARIO

 IMPRESOS DE MATRÍCULA 1º CM E 1º CS RÉXIME ORDINARIO

 

INFORMACIÓN 1º CM DUAL INTENSIVO

IMPRESOS DE MATRÍCULA 1º CM DUAL INTENSIVO

CUALE 2024/25

O alumnado que fixo a preinscrición para o Plan CUALE 2023/24 (inglés) fará a matrícula do 2 ata o 9 de setembro do seguinte xeito:

- ou ben presencialmente, na Secretaría do IES Fernando Blanco.

- ou ben enviando a documentación ao seguinte correo electrónico: ies.fernando.blanco@edu.xunta.gal

 

Documentación para a realización da matrícula:

- Impreso de matrícula (está dispoñible no link de abaixo) cuberto e asinado.

- 1 copia do DNI do alumno/a (Non é necesaria se xa a entregaron na preinscrición)

- 1 copia do DNI dos país/titores legais.

- 2 fotografías tamaño carné. (Só 1 fotografía o alumnado que xa cursou CUALE no IES Fernando Blanco).

 

Ademais, no caso de alumnos/as que no curso 2024/25 vaian estudar ESO, bacharelato ou ciclos noutro centro distinto ao IES Fernando Blanco:

- Certificado de matrícula do curso 2024/25

- Certificado de estudos cursados no 2023/24. (Só no caso de alumnos/as de 4º ESO doutros centros que se vaian matricular en CUALE A2)

 

IMPRESO DE MATRÍCULA CUALE 2024/25

FALEMOS + GALEGO

 

O pasado xoves 20 de xuño na Praza do 8 de marzo do Concello de Cee festexouse a primeira gala do certame Falemos+ Galego iniciativa do IES Agra de Raíces coa colaboración activa na súa organización do noso centro IES Fernando Blanco, cuxo obxectivo é a promoción do uso da lingua galega.

Neste certame no que participaron 13 centros educativos da Costa da Morte, fíxose entrega dos premios ao alumnado gañador do concurso de Logo e lema de Falemos + Galego que recaeu no IES Agra de Raíces, e de vídeo que foi para o CPI A Picota de Mazaricos.

A gala foi conducida por Xurxo Souto e María Lado e contou coas actuacións do IES Fernado Blanco coa súa batucada, co recital de poesía de Mercedes Martínez acompañada á guitarra por Sofía Cendán tamén do noso centro e Aroa Sendón de Vimianzo e o grupo Malleira do IES Agra de Raíces. Como convidades especiais actuaron dous referentes do panorama actual galego, Antía Muiño e o dúo Caamaño&Ameixeiras.

Ligazóns á represcusión en diferentes medios

La Voz de Galicia

Que pasa na Costa

Diario de Bergantiños

El Correo Gallego

 Logo presentado por Lucía Canosa de 3º da ESO do IES Fernando Blanco

 

 

Vídeo presentado polo noso alumnado de 1º ESO

ALMORZO SAUDABLE

 O venres 21 de xuño, como peche ao curso escolar, celebrouse o Almorzo saudable nos xardíns do IES Fernando Blanco.

Distribuir contido


by Dr. Radut