Inicio de curso 2020-2021

 RESUMO PROTOCOLO COVID. Para as familias

Declaracion responsable para as familias  que han de entregar cuberto ao titor ou titora ao inicio de curso

Enquisa de autoavaliación co fin de detectar posible sintomatoloxía covid na casa, antes de ir ao centro educativo, para profesorado e alumnado. Non hai que entregala. 

 

ZONAS DE RECREOS / ENTRADAS   diferenciadas por grupos

Esquema de recreos:    1º e-3º ESO  e 1º de bacharelato      -           2ºESO - 4º ESO e 2º Bacharelato     -   

O alumnado de ciclos medios terá  un recreo de 50 minutos en tres franxas do horario, entre as 10:00 e as 12:30 horas.

alumnado de FP Básica terá un primeiro recreo de 10:05 a 10: 25 e outro de 11:15 a 11:40 horas

As entrada ao centro tera lugar de forma escalonada, entra as 8:10 e 8:20 segundo vaian chegando en bus, ou en quendas andando ou en vahiculo particular. Na aula estará o docente agardándoos

O desprazamento ata a aula debe realizarse mantendo sempre a distancia interpersoal de 1,5 metros

O alumnado de FP entrará polas portas do edificio A , do edificio C ou dos talleres nos que se desenvolvan as clases. O alumnado de ESO entrará polo edificio de ESO

As saídas serán escalonadas por grupos: 

13:50: 1º ESO, 1º Bacharelato 

13:55: 2ª e 3º ESO e 1º FP Basica

14:00 : 4º ESO, 2º Bacharelato e e 2º de FP Basica

14:05: Ciclos medios, agas quenes marchen en bus que sairan ás 14:00

 

 

Plan de Adaptación á situación COVID-19. Instruccións para o vindeiro curso 2020-2021

PLAN DE ADAPTACIÓN á situación do Covid-19 do IES de Fene para o curso 2020-2021

 PLAN DE CONTINXENCIA Curso 2020-2021

 PLAN DE ACOLLIDA Setembro 2020

 

  MEDIDAS CORONAVIRUS. VOLTA SEGURA ÁS AULAS Publicada na web http://www.edu.xunta.gal/

Achegamos aquí as instruccións que ata o momento ten publicadas a consellería para organizar o vindeiro curso 2020-2021 tendo en conta a situación actual debida ao COVID-19. O equipo directivo esta traballando para poñer a punto este excepcional incio de curso tanto nos aspectos organizativos como académicos en todas as etapas educativas.

Para calquera consulta ou suxestión, podedes contactar con nós por email: ies.fene@edu.xunta.gal

  Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educatva pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21 nos centros docentes sostdos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.  Publicado o 1 de setembro

  INSTRUCIÓNS POLAS QUE SE INCORPORAN A DECLARACIÓN DE ACTUACIÓNS COORDINADAS EN MATERIA DE SAÚDE PÚBLICA APROBADAS POLO CONSEJO INTERTERRITORIAL DO SISTEMA NACIONAL DE SALUD PÚBLICA (D.O.G Nº 174 BIS DO 28-08-2020) E A ACTUALIZACIÓN DAS RECOMENDACIÓNS SANITARIAS DO COMITÉ CLÍNICO AO PROTOCOLO DO 22 DE XULLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021  Publicado o 31 de agosto 

Guía de actuación ante a aparicion de casos COVID-19 en centros educativos. Publicado o 27 de agosto

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021  publicado o 22 de xullo

Medidas educativas que se deben adoptar no curso académico 2020/2021, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas da EI, EP, ESO e bacharelato, publicado o 30 de xullo

Resolución do 4 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2020-2021 publicado o 17 de agosto

 

Calendario escolar 2022-2023

Esta é a orde pola que se aproba o calendairo escolar para o curso 2022-2023, publicado no DOG do 2 de xuño

 

 

A Chandeleur 2020 no IES de Fene

Como o ano pasado, os alumnos e as alumnas celebraron o "Chandeleur" (A Candelaria) no mes de febreiro facendo e comendo "crêpes". Que ben o pasaron!

Se non ves o vídeo, clicar aquí 

Fondo solidario de libros de texto - 2020-2021

Na ligazón que se achega a continuación pódese consultar a información, requisitos e prazos para solicitar axudas para libros de texto para o curso 2020-2021, así como descargar os impresos de solicitude das axudas, Anexos I e II da Orde

 Información Fondo Solidario de libros de texto

 Solicitude de fondo de libros e material escolar curso 2019-2020

Orde de participacion no fondo solidario

Reanudación das clases presenciais, de xeito voluntario, para o alumnado de 2º de bacharelato e de formación profesional

O vindeiro luns 25 reanudaranse as clases de xeito voluntario para aquel alumnado de 2º de bacharelato, 2º de ciclos medios e modular que realice en setembro a FCT. Na web da consellería está un resumo das normas, que aínda pode sofrir cambios, xa que está pendente de deliberación e aprobación despois da reunión do venres cos sindicatos

Reanudación das clases

 

KAHOOT das LETRAS GALEGAS

O departamento de Lingua Galega organiza este ano un Kahoot para os diversos niveis educativos e profesorado con motivo das Letras Galegas. Animádevos a participar!!!:

1º e 2º ESO     3º e 4º ESO     Bacharelato     ESA, Ciclos básico, medio e modular     Profes

Data límite: 28 de maio

Día das Letras Galegas, Carvalho Calero. Concurso de Haikus

O vindeiro día 17 de maio celebrase o Día das Letras galegas, unha xornada moi especial que este ano adícase ao escritor, filólogo e mestre ferrolán Carvalho Calero. Dende o IES de Fene non queremos deixar de celebrar tan senlleira data e animámosvos a descubrir a sua obra; ademais, para desfrutar da escritura en galego e deixar fluír a vosa creatividade o Departamento de Galego e o EDLG propóñenvos un concurso de Haikus ilustrados ao que está convidado a participar todo o alumnado.

CONCURSO de Haikus ilustrados ¿que é un Haiku?

Trátase dun pequeno poema de orixe xaponés que se escriben en 3 versos sin rima. Normalmente falan de momentos da vida cotiá ou a imaxes da natureza. Propoñémosvos que elaboredes un haiku que faga referencia ao voso día a día durante á corentena e o ilustredes cunha fotografía. Un xurado composto por un membro do departamento de galego, un do EDLG, un do equipo directivo, un da biblioteca e un persoal non docente decidirá cales son os tres mellores haikus e as tres mellores verbas ilustradas. Os galardoados recibirán un lote de libros e agasallos cada un e o seu haiku publicarase na revista do instituto e na páxina web do centro.

Envía o teu Haiku antes do 22 de maio ao correo ies.fene@edu.xunta.gal co asunto HAIKU, así como o teu nome, apelidos e curso

Velaquí algúns exemplos de Haikus feitos por profes do centro:

Alex Cari  Carpente  Cris M.  Laura Maika
 Alex  Cari  Carpente  Cris M.  Laura Maika
Marga Mouriz Rocío Sonia S.  Vanessa  
 Marga 
Mouriz Rocío Sonia S.  Vanessa  

CALENDARIO DE ADMISIÓN - Curso 2020-2021

Achégase o calendario de admisión para o vindeiro curso, para o alumnado de ESO procedente de centros de Educacion Primaria

 Calendario de admisión - curso 2020-2021  

Debido á suspensión de clases o pasado 16 de marzo, o prazo de admisión quedou tamén suspendido temporalmente.

Publícase a Resolución da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 7 de maio de 2020 sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021.

Restablecese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

O horario de artención ao público é de 10:00 a 13:00 horas. As persoas que acudan ao centro para presentar a documentación han de cumprir as normas sanitarias establecidas, so poderá estar unha persoa no interior das instalacions e as demais esperarán fora mantendo as distancias 

Instruccións para o terceiro trimestre

Instrucións do 27 de abril de 2020,   da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia

 Ver documento   Preguntas e respostas  para ESO e Bacharelato 

NOVO! Ver documento   Preguntas e respostas para Ciclos Formativos

Probas ABAU 2020 - Modelos de Exame e Probas

Según a web da CIUG as probas ABAU en Galicia serán os días 7, 8 e 9 de xullo

Modelos de Examen ABAU 2020

Instruccións para a realización das probas ABAU 2020

 

Portatiles asignados polo Consello da Xunta para o tempo de corentena polo coronavirus

O Consello da Xunta acordou na súa última xuntanza poñer a disposición dun milleiro de familias con recursos limitados un ordenador portátil e unha conexión á rede (gratuíta grazas á colaboración dos operadores Orange, Vodafone e R), para facilitarlle a este alumnado o seguimento da actividade educativa. No IES de Fene recibiranse tres equipos con conexión gratuíta que se facilitan como préstamo persoal ata que remate o presente curso escolar.

Os criterios para o reparto deberán ter en conta a situación socioeconómica da familia, e as posibilidades de aproveitamento do alumno ou da alumna, con prioridade ao alumnado dos cursos de final de etapa que titulen (4º da ESO, 2º de BACH e 2º de FP) e a aquelas familias que non dispoñan nos seu fogares de ordenador nin de conexión a internet.

As famlias de alumnado do IES de Fene interesados en levar en préstamo algún destes tres portátiles, ou outros dispoñibles no centro sen incluír conexión á rede, podedes escribir un correo electrónico a ies.fene@edu.xunta.es e contactaremos a continuación para valorar as condicións de cada solicitante, e decidirase en base aos criterios anteriores

O prazo para estas solicitudes comeza o xoves 2 de abril e remata o mércores 8 do mesmo mes

O IES de Fene colabora fabricando protectores sanitarios e doando material.

O noso compañeiro Manuel Couceiro, docente do IES de Fene, está colaborando con docentes doutros centros educativos da comarca na fabricación de protectores sanitarios con imporesora 3D, destinados fundamentalmente ao hospital ferrolano Arquitecto Marcide, aínda que tamén o están solicitando outros centros de saúde e hospitais.

Parabéns pola iniciativa, a Manuel e demais compoñentes do grupo!!

Ademais, a petición da consellería, o IES de Fene doou tamén 21 caixas de guantes de 100 unidades, e 152 de mascarillas para uso sanitario

Retrincos de cores - Aprendemos en casa

A orientadora do centro, Maite envíanos esta publicación do COPG (Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia) ao que pertence como colexiada, onde se publica "Retrincos de cores" para traballar cos nenos e nenas nesta emerxencia sanitaria. Está feito dende o GIPCE (Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias ). E un material útil para abordar esta emerxencia sanitaria a través do debuxo. 

 Ademais, en La 2  de RTVE comeza o luns 23 o programa "Aprendemos en casa" un programa que complementa a teleformación. Para o alumnado do IES de Fene, o horario é de 12:00 a 13:00 para 1º e 2º de ESO e de 13:00 a 14:00 para 3º e 4º de ESO

Recomendacións do colexio de Psicoloxía

Estimados compañeiros e compañeiras: 

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en primeiro lugar, queremos trasladarvos todo o noso afecto nun momento tan difícil para a nosa comunidade. 

A través da nosa Sección de Psicoloxía Educativa, na cal se integran moitos psicólogos e psicólogas que exercen nos departamentos de orientación dos centros, elaboramos un documento con recomendacións para a comunidade educativa (alumnado, familias e profesorado) para estas semanas tan excepcionais. 

DESDE O COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA

DESEXÁMOSVOS A TODA A COMUNIDADE

MOITA AFOUTEZA

Distribuir contido