Actividades, ANPA, Novas

Escola de familias

Durante os meses de febreiro, marzo e abril estará en funcionamento no IES de Fene unha escola de familias. Celebraranse varias charlas nas que se tratarán diversos temas que poden consultar no cartel adxunto, así como as datas e horarios das sesións.

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto

O mércores 18 de maio publicouse a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas a alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial no próximo curso 2022/23.

O prazo para presentar solicitudes remata o 22 de xuño de 2022.

Poden acceder ao texto da convocatoria na seguinte ligazón: Orde 29 de abril de 2022

No documento poden acceder aos aspectos máis relevantes da convocatoria. Acceso ao documento resumo

Xuntanza virtual formativa dirixida ás familias

   COMUNICADO DA ANPA DO IES DE FENE

Achégase convocatoria para unha xuntanza virtual formativa dirixida ás familias que terá lugar o xoves 26 de novembro en horario de 16.30 a 18.30h. As inscripcións serán por orde de inscripción e se hai moita demanda organizaríase un grupo para as persoas que están nas directivas e outro para familias en xeral.

Consideramos que pode ser de interés debido os tempos que estamos a vivir polo COVID 19 que nos fai replantexar xeitos de relacionarnos e novas necesidades, de ahí que no proxecto de prevención de condutas adictivas  incorpora o Concello de Fene o PROGRAMA DE ACOMPAÑAMENTO DIXITAL.

FICHA DE INSCRICIÓN

Máscaras para o alumnado de educación secundaria

A Consellería de cultura, educación e universidade ven de publicar unha orde pola que se distribuirán máscaras entre o alumnado

Publicación na web da Xunta

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21  (código de procedemento ED330E)

 

 

 

Recarga da tarxeta do transporte metropolitano

En relacion coa recarga da tarxeta de transporte metropolitano, dende a Xunta indicannos o seguinte:

As recargas faranse a partires do día 5 do mes seguinte (correspondente o gasto da primeira quincena) e do día 20 de mes seguinte (correspondente ó gasto da segunda quincena), e terá dous meses para poder facelo.

ANPA do IES de Fene

Aviso da ANPA. Horario de buses polas tardes

Con respecto ao servizo de transporte metropolitano polas tardes, os buses sairán Luns Martes e  Mércores  15:35 o que vai por Neda, e ás 15:45 o que vai por As Pías. Inicialmente manteñense as 2 rutas os 3 dias. 
Ao regreso é ao remate das clases Luns é Mércores  sae do instituto ás 18:‎45  e os Martes sae ás 17:55.
 O horario dos luns e dos mércores pola tarde permite o desenvolvemento de actividades no IES, organizadas polo centro, polo Concello ou pola ANPA

Aviso da ANPA: Indicacións para o alumnado de transporte metropolitano

A partir de maña xoves póñense en marcha as liñas de Transporte metropolitano no horario  habitual para todo o curso.
Haberá dúas liñas de transporte metropolitano ao IES de Fene (levarán un cartel indicativo)
1) 7.35  Estación autobuses Ferrol, por Neda, Conces, Marques de Figueroa, Ies de Fene.
2) 7.45   Estación autobuses Ferrol, por Caranza, As Pías, Av. Naturais, Porta do Sol, Rego da Moa, Ies de Fene.

Todas as liñas regulares de Ares, Mugardos e  Pontedeume enlazaran na parada de A Solana (Barallobre) cun bus lanzadera nos horarios de entrada e saída ao IES de Fene.
O Alumnado da liña regular de  Autos Capela (por Sillobre) enlazará coa liña  2) de Arriva na Avenia Naturais de Fene.

As paradas de todas as liñas serán as oficiais do transporte público.

 

AVISO DA ANPA

A ANPA do IES de Fene comunica aos usuarios do transporte metropolitano que as paradas das Sillas do Perla e a do Concello NON están concedidas

ANPA: Novas rutas de transporte

A ANPA do IES de Fene informa de que finalmente poderá poñerse en marcha a proposta de dúas rutas, unha con saída da Estación de Autobuses de Ferrol ás 7:35 horas por Fene e Perlío, e outra con saída ás 7:45 horas dende a Estación de Autobuses de Ferrol pola Avenida das Pías entrando por Rego da Moa.

Estas dúas saídas chegarán ao mesmo instituto, e este segundo autobús sería o que realizaría a lanzadeira  en caso de necesidade.

Estes horarios son agora mesmo provisionais, de maneira que durante o transcurso dos días  se irían adaptando en función das necesidades.

 

Asemblea da ANPA

Convócase aos socios e socias da ANPA "O Pazo" do IES de Fene a unha Asemblea  Xeral Ordinaria e outra Extraordinaria para o vindeiro martes 19 de xaneiro

 

.              Descargar convocatoria

 

 

Enderezo Electrónico de Contacto

Por se nalgún momento precisades poñervos en contacto coa Xunta Diretiva do ANPA este é o noso enderezo electrónico de contacto. Non dubidedes en utilizalo.

anpa.iesfene.eb@gmail.com

Enderezo Electrónico de Contacto

Por se nalgún momento precisades poñervos en contacto coa Xunta Diretiva do ANPA este é o noso enderezo electrónico de contacto. Non dubidedes en utilizalo.

anpa.iesfene.eb@gmail.com

OBRADORIO PARA PAIS E NAIS ACERCA DA IDENTIDADE DIXITAL, PERIGOS NA INTERNET E BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN

Aquí vos deixamos a oferta que dende a ANPA presentamos para a realización dun curso sobre os perigos da rede dirixido a pais e nais, tanto de ESO e Bacharelato, e que tamén queremos facer extensivo a FP.

Podedes descargar o impreso de inscrición no mesmo premendo aquí. A data límite de prazo remata o vindeiro 12 de febreiro de 2014.

Animádevos, que resulta moi importante para a educación dos nosos fillos e fillas!!!

Distribuir contido