Días propios non docentes

O pasado 14 de setembro o Consello Escolar aprobou coma días propios non lectivos do centro para o presente curso os seguintes: 13 de outubro de 2.023 e 20 de maio de 2.024.

Acto de recoñecemento a Salvamento Marítimo de Fene

A base de Salvamento Marítimo de Fene recibiu unha Mención de Honra por parte da Organización Marítima Internacional con motivo do complexo rescate realizado o 2 de agosto de 2022 a 14 millas das Illas Sisargas. Por ese motivo o concello de Fene quere recoñecer o seu labor organizando unha homenaxe o próximo sábado 30 de setembro no paseo marítimo de San Valentín a partir das 10:30 da mañá. Haberá exposición e visita a distintas embarcacións de Salvamento Marítimo, exhibición canina do Tercio Norte, simulación de rescate na praia de San Valentín, chocolatada e moitas máis actividades.

Poden consultar toda a información na presentación que se adxunta a esta publicación e á que poden acceder desde o enlace.

Presentación elaborada por Daniel Martínez

Vídeo do rescate

Inicio do curso 2023-2024

 

As presentacións da ESO, bacharelato e CM ordinario e dual serán o luns día 11 de setembro, no seguinte horario

  • 10:30 h. ESO (1º e 2º ESO no salón de actos "Xaquín Marín", 3º e 4º irán directamente ás correspondentes aulas) e FP Básica (salón de actos edificio FP).
  • 12:00 h. Bacharelato (salón de actos "Xaquín Marín") e 1º CM (salón de actos edificio FP).
  • 12:30 h. 2º CM ordinario e dual (salón de actos de FP).

O martes 12 ás 16:15 h será a presentación e comezo das clases do CM modular no salón de actos de FP. 

Con motivo do inicio de curso desenvolveranse diferentes actividades; contaremos coa presenza de Uxía Doval, exalumna do IES de Fene e compoñente do grupo Xirifeiras, e desenvolveranse charlas a cargo de Pedro Cruzado, vicepresidente da asociación Betula, e do responsable da empresa Automoción Vilar do Colo, Francisco Fernández Mascaró, tamén exalumno do IES de Fene.

Ese día o transporte escolar (ESO)  deixará o alumnado no centro ás 10:30 h. e recollerao ás 12:00 h.

O martes día 12 de setembro comezarán as clases no horario habitual.

 

Exames finais setembro ciclos FP Dual

 

Mes de agosto

Durante o mes de agosto este centro permanecerá pechado.

Mentres tanto, atendémoslle no seguinte enderezo electrónico: ies.fene@edu.xunta.gal

Cheques material escolar

Infórmase que todos os alumnos e alumnas da ESO que teñen concedida a axuda para material escolar, poden pasar a retirar o correspondente cheque na oficina de ESO-Bacharelato en horario de 9:30 a 13:30 horas. Poden consultar nos taboleiros do centro se lle foi concedida dita axuda.

Bolsa de emprego do IES de Fene (xuño 2023)

Pode consultar aquí os perfís dispoñibles. Se vostede está interesado en contratar algún perfil, contacte co centro no seguinte enderezo electrónico para enviar o currículum correspondente: ies.fene@edu.xunta.gal

Horario de verán

Mañá xoves 22 de xuño o centro comeza o horario de verán. Será de 8 a 14 horas, ata o 31 de xullo.

Mocidade Activa

O Concello de Fene presenta o programa de verán Mocidade Activa. Máis info na web do concello premendo aquí


 

Pode descargar aquí a ficha de inscrición.

Entrega de boletíns de notas

A entrega de boletíns de notas para todos os niveis (ESO, Bacharelato, ciclos medios e básicos) será o venres 23 de xuño ás 10:30 h. por parte do titor ou titora na correspondente aula.

Matrícula ESO e Bacharelato curso 2023-24

Pódese consultar a información sobre o proceso de matrícula pinchando aquí

Datas e horario dos exames da convocatoria extraordinaria de bacharelato

Accede á información desde aquí

Datas e horarios exames xuño FP: Alumnado con PD e probas libres

Alumnado con PD: pinchar aquí

Probas libres: pinchar aquí

Visita a ASPANEPS

O pasado 31 de maio, o alumnado de 1º curso de ciclo medio de Soldadura visitaron o centro ocupacional de ASPANEPS, en Fene. Trátase dun centro para persoas adultas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento no que dispoñen de talleres de serigrafía, artesanía creativa, xardiñaría, compostaxe e reciclaxe de plásticos.

En canto á reciclaxe de plásticos, seleccionan o tipo de plástico (neste caso eran tapóns de botellas), tritúranos, e fundíndoos, elaboran novos produtos plásticos a través do uso de maquinaria especializada.

Con motivo da toma de conciencia sobre o exceso da utilización de plásticos e a importancia da reciclaxe, decidiuse incluír parte deste plástico reciclado nun compoñente útil do coche de inercia que está a construír o alumnado de Soldadura para a participación no “X desafío educativo Hiperbaric Challenge”. Este compoñente será o volante, que estará construído con aceiro e plástico reciclado.

Queremos agradecer a atención e o trato recibido polo persoal do centro ASPANEPS e felicitalos polo marabilloso labor que levan a cabo.

Gradación 2º de bacharelato

O pasado venres 19 de maio tivo lugar o acto de gradación do alumnado da promoción 2021-2023 de bacharelato, que rematou este ano a súa última etapa no IES de Fene.  Foi un acto moi emotivo no que participaron, ademais dos propios protagonistas, as familias, profesorado, dirección e concello coa presenza do alcalde Juventino Trigo. As intervencións dos delegados, titores, alcalde e director do centro estiveron cheos de risas, recordos e bos desexos para todo o alumnado e foron moi aplaudidas. Estas intervencións remataron coa lectura do poema inédito de María Lado “Graduación” a cargo de Sonia Gómez, titora de 2º de bacharelato A, co acompañamento musical de Sara, alumna do mesmo grupo. O acto finalizou coa entrega de orlas e recordos do seu paso polo centro.

A comunidade do IES de Fene deséxalles moita sorte nas probas de acceso á universidade, que se están a desenvolver estes días, así como na nova etapa que van a comezar.

 

 

Distribuir contido