Traballo colaborativo

Blogs das TICs no IES de Fene

 

Estes son os novos blogues de caráter educativo que están a desenvolver o grupo das TIC do IES de Fene acerca do mundo da educación e das Tecnoloxías. Agardamos que sexa de utilidade á comunidade educativa do IES de Fene, e tódalas persoas que visitan esta web.

TIC-TAC As TIC a tempo

TIC  Fene

 


Traballo colaborativo

O traballo colaborativo é unha modalidade de traballo na que persoas distintas, con residencia en lugares distantes, poden colaborar nun proxecto. Por exemplo se un grupo de estudiantes do noso instituto se pon en contacto con un grupo de  estudiantes de Huelva para, aplicando o método de Eratóstenes, determinar o radio da Terra. Os estudiantes de Fene e de Huelva realizarían unha serie de medidas, analizarían as súas observacións e chegarían a unha serie de conclusións, para se comunicar utilizan o que lles ofrece Internet: chats, foros, aulas virtuais, wequest,  e wikis. Este sería un método de traballo colaborativo en rede ¿É interesante?

¿será esta a forma de medir o radio da Terra?

Distribuir contido