Equipo web

IV Concurso de Microrrelatos Concello de Fene

 

 

  O venres, 30 de maio,  a partir das 20:00 horas terá lugar a  entrega de premios do  IV Concurso de Microrrelatos Concello de Fene, no que foron premiados Noelia Freire Fernández de 4º da ESO e Xiao Calvo Sanjurjo de 1º  da ESO, estudantes no IES de Fene. No decurso do acto distribuirase un libro coas publicacións dos mesmos (descargar aquí) e inagurarase a exposición de traballos seleccionados por cada centro para o certame   En galego? É o noso!

 

No mesmo acto procederase tamén á entrega dos premios colectivos aos centros de ensino participantes no Certame de Creación Artística.

O IES de Fene quere manifestar os parabéns a tódolos/as que particparon na actividade e nomeadamente aos/as premidaos e premiadas

A voltas co informe PISA

04/04/2014 10:42
Etc/GMT+1

A. Orozco e M.Suárez

O informe PISA -preme no link para ver cuestionario- (Program for International Student Assessment) é moito máis ca un ranking da calidade dos sistemas educativos dos sesenta e cinco paises que participan neste proceso de avaliación, aplicado a estudiantes de quince anos de idade, aínda que polo que se pode ler nos xornais pareza eso. Os medios, as autoridades educativas, as familias, os estudiantes e os ensinantes teñen tendencia a consideralo como unha competición de xeito que cando os resultados non son  bos buscan responsables para autoxustificarse.
Resultan chamativos os titulares que aparecen istes días na prensa: “Informe PISA: Los alumnos españoles, a la cola de la OCDE en resolución de problemas»(ver cuestinorio)titula o ABC   mentres que El País nos iforma de que temos un “ Suspenso en la vida real “.  Idependentemente de que  os periódicos busquen o titular, eso é parte do seu traballo, o que queda claro é que parece que non contan con moitos periodistas de datos nas súas plantillas e o análise que fan posteriormente, non só non é riguroso, senón que mesmante semella estar sesgado.
Se nos imos aos datos do informe  publicados polo propio Istituto Nacional de Evaluación Educativa (ver resultados), vemos que so analizan os de tres comunidades autónomas: Madrid, Cataluña e  o País Vasco, ademais dos datos globais de España.  Por tanto no podemos coñecer cal  é a situación de Galiza. Doutra banda no mesmo informe  pódese ver que España está en sexto lugar pola cola no Índice Socioeconómico e Cultural  (ESCS) dos países do entorno. Pero, doctores ten a Igrexa, afirman que ese indice non influe nos resultados. Calquera sin coñecementos de estatística nin de modelos matemáticos complexos, só botando man do sentido común,  entende que ten que haber  unha correlación entre o índice socioeconómico dos estudiantes e os resultados acadados. A explicación dos técnicos dese organismo é ben interesante: non somentes non hai correlación senón que a influencia en España é menor ca na OCDE pola menor variabilidade de resultados. De ser así o sistema educativo español sería máis igualitario ca a media da OCDE .

PISA diseña probas distintas para cada país en función  das suas caracteríticas culturais e despois utiliza o modelo Rasch, un moelo matemático complexo,  para procesar  os resultados. Iste  modelo, segundo un discípulo Rasch, o profesor Svend Kreiner, aplícase de forma incorrecta, segundo este matemático para que o modelo funcionase correctamente as preguntas de PISA deberían de funcionar da mesma maneira nos distintos paises participantes. Segundo este profesor as comparacións entre paises non teñen sentido. Para Kreiner tódolos modelos estatísticos teñen fallos  pero “algunhos  son piores ca outros en non hai razón para usar o pior de todos de todos”.
No 2007 un grupo de vinte investigadores analizou exhaustivamente PISA e  os productos asociados a PISA, os resultados foron publicados no libro PISA according to PISA (Transaction Publishers). Concluen que os “rankings” que comparan os resultados entre países ”están baseados en tantos puntos débiles deben ser abandonados de inmediato” e as análisis de cómo deben ser as boas escolas ou as  diferencias entre sistemas educativos “ son na súa maioría pura especulación”.

Ten que mellorar escola? Como se pode mellorar?. Son maioría os docentes que afirman que a escola ten que mellorar, e as propostas para mellorar tamén son moitas. Pero hai unha idea na que a maioria dos docentes coinciden e é que  calquera mellora necesita primeiro ter claro por parte da sociedade  qué  se debe ensinar na escola, que os orzamentos dedicados a educación non son un gasto  senon un investimento e que os cambios dun sisteme educativo son lentos, posto  que implican cambios sociais de calado.
A gran maioría de docentes concorda en que é necesaria a actualización continua de profesorado a través de progarmas de formación, seminarios permanentes, grupos de traballo e compartindo información.
Só resta dicir que as autoridades educativas deben de propiciar as condicións necesarias para que os cambios se leven adiante, non perdendo de vista que o éxito na cosecución das melloras é un éxito de todos.

Estrea do documental "Contamos", realizado por alumnos do noso instituto, na Casa da Cultura de Fene

14/03/2014 09:00
Etc/GMT+1

Oito adolescentes de Fene, dos cales seis están actualmente estudiando no noso centro, veñen de realizar un documental titulado "Contamos", no que amosan a súa visión encol  de asuntos  tan importantes como a lei de educacion, a crise, a corrupción ou as redes  sociais e o alcohol. Este audiovisual, que se estrea hoxe na Casa da Cultura de Fene ás sete do serán, foi realizado integramente polos xoves dentro do programa  de ocio Mirada Nova, coa participación da empresa Senes, a colaboración do Concello de Fene e a Diputación. O IES de Fene convida a asistir á  estrea de "Contamos" e dalle os parabéns ás mozas e mozas que levaron a cabo  o proxecto

(Foto La Voz de Galicia)

Nova  en La Voz de Galicia

IES Fene is the partner of Vilnius car mechanics and business school in Leonardo da Vinci project

IES Fene is the partner of Vilnius car mechanics and business school in Leonardo da Vinci project Nr. LLP-LdV-VETPRO-2012-LT-0751 „Experience of EU countries in improvement of practical training quality

 

The main aim of the project is  to improve the professional competencies of teachers intercepting the EU countries‘ experience in order to assure the constant improvement of practical training quality.  (Read more)

 

A nosa experiencia en Romanía

David Seoane Férnandez ( 1° Bac A), Marta Vázquez Meizoso (2° Bac A ) e Isabel Rodríguez Lamas (2° Bac A) estiveron en Romanía participando no proxecto Comenius, dentro dos proxectos europeos realizados por o IES de Fene.A experiencia é contada por eles nunha Web realizada con gusto exquisito polos propios estudantes. Parabéns! .

Equipo WEB (30-10-2013)

"Ratoncitos de Bolonia"

Unha opinión crítica sobre o que significa o Tratado de Bolonia para os nosos universitarios é a de este catedrático de Historia da USC. Podemos discrepar da análise do profesor Bermejo Barrera, pero o seu artigo invita á reflexión. Sería realmente necesario que tanto profesores como alumnos non deixasen de considerar que o ensinar, e o aprender, son actividades que teñen que ir acompañadas sempre da reflexión e da creatividade. Segundo   Bermejo Barrera o chamado Tratado de  Bolonia logrará que "Os alumnos alcancen o nivel de estupidez da maior parte dos seus profesores". Non deixedes de o  ler.

Ler artigo

Moita Sorte

Estamos no inicio dun novo curso, agardamos que os coñecementos nos sirvan a todos para mellorar, para sermos máis críticos, para que ninguén nos dea gato por lebre. Ás veces o poder dinos que ese animal é unha lebre pola sinxela razón de que ten catro patas e o mesmo tamaño ca unha lebre, nós temos que saber que non. Podemos non contradecir ao poder se non nos queremos enfrontar, pero non podemos deixar que nos confundan, e outra cousa: que non nos rouben os momentos de ledicia!

Moita sorte!!!!

.... e fomos ficando sós o mar, o barco e máis nos (Manuel Antonio)

 

Disparatado: un mozo de Foz, nomeado o mellor investigador xoven de Europa, é rexeitado en España por falta de nivel científico

Por favor, antes de ler a noticia lean os diálogos que siguen:


Mr. Smith (sempre absorto no periódico):

-Mira, aquí pon que morreu  Bobby Watson .

Mrs. Smith:



¡Oh, meu Deus! ¡Pobre! Cando morreu?


Mr. Smith:



-Porque te alporizas? de sobras o sabías. Hai dous anos que morreu. Lembra que asistimos ao enterro hai ano e medio


Os dialogos son de Eugène Ionesco na obra " A cantante calva". Cada quen despois de ler a noticia pode cambiar os persoaxes Mr. e Mrs. Smith por os que lle pete, eso sí na Galiza Bobby Waston é  a Ciencia e  a Investigación


Preme para ler esta abraiante noticia


16/5/2013

A natureza filmada con camaras agochadas nun ovo que foi roubado. Unha metáfora da realidade?

Para espiar ás colonias de pingüinos utilízanse cámaras agochadas en falsos ovos,  teñen tanto parecido cos verdadeiros, que logran enganar a quen se alimenta  deles. Claro que  ao final o engano tamén lle crea problemas aos responables do mesmo. Será esto unha metáfora do que está a pasar na actualidade coa crise económica?

Exposición de poesía no IES de Fene

O Grupo de Traballo da Biblioteca ven de organizar unha exposición de poesía na que se poden ler  poemas en distintos soportes e en distintas linguas, que van desde  cartaces con poemas en ligua galega, española ou inglesa ate  deseños alusivos á este xénero literario, ademais de unha escolma de libros nos que figuran poemarios imprescindibels

 Este vídeo pretende dar unha visión do que está exposto mentras se escoita a voz dun dos máis grandes poetas galegos, como é Xosé Luis Méndez Ferrín, recitando un dos seus poemas do poemario Con pólvora e magnolias: "Demando liberdade pro meu pobo"

Maís de douscentos intelectuais firman o manifesto "Chamamento polo galego"

(Fotografía tomada do diario dixital Praza pública na que aparecen Alba Nogueira, Mariló Candedo, Marilar Aleixandre, Henrique Monteagudo e Valentina Formoso, na presentación do manifesto)

Máis de dous centos intelectuais galegos entre os que se inclúen xuristas, profesores, funcionarios, escritores e políticos, veñen de firmar o manifesto Chamamento polo galego no que se pide á Consellería de Educación que acate a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza sobre o decreto do plurilingüismo. A senencia anula  aspectos básicos de ese decreto. Os  promotores deste manifesto tamén piden que todas as persoas que se queiran unir á súa reivindicación o fagan a través dun formulario de adhesión que veñen de publicar

ver noticia en:  Praza pública,    La Voz 

( 17/2/2013)

Boas Festas!!!

O IES de Fene desexa a tod@s Bon Nadal, agardando que continúe a loita no vindeiro ano 2013  para enfrontar os problemas. Confiamos en que así será!!!!!

Boas Festas!

O IES desexa  tod@s Bon Nadal, agardando que continúe a loita para enfrontar os problemas. Confiamos en que así será!!!!!

Boas Festas!

Recollida de Roupa e calzado a favor de GLOBAL HUMANITARIA

O VINDEIRO XOVES 13 DE DECEMBRO REALIZAREMOS UNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO NO IES A FAVOR DE

"GLOBAL HUMANITARIA" OS PROFESORES/AS QUE O DESEXEN PODEN PARTICIPAR DEPOSITANDO A ROUPA OU CALZADO NO DESPACHO DE VICEDIRECCIÓN DO EDIFICIO DE FP.

QUEN NECESITE BOLSAS PARA TRAER A ROUPA PODE PEDILAS EN VICEDIRECCIÓN.

Os alumnos e alumnas do equipo do Instituto que participou con éxito no programa Parlamento xove contan a experiencia

 

 Por A. Orozco e M. Suárez. Coa colaboración de Lula Sanmartín.

Borja Martínez, Érika Diz, Adrián Oliveira e Sara Jove estudan  no  noso instituto,  Érika e Borja xa non estarán o vindeiro curso.  A Oliveira e a Sara aínda lles queda un ano  máis, despois tamén eles rematarán os seus estudos  no IES de Fene. Os catro serán recordados polos seus compañeiros e pola súa profesora de Lingua Española, María Nogareda, por  participar por primeira vez no programa Parlamento Xove, representando ao instituto .

Foi María Nogareda quen os convenceu, Sara di: “enganounos”  e de seguido aclara  que “ é unha profesora 10”.  Os catro contan marabillas de María, “levábanos , traíanos.... invitábanos a xantar” di Oliveira  mentres Borja bromea  asegurando que María  case podía facer un adosado no patio do Instituto, polo tempo que dedicou a esta actividade.

María é unha profesora que chegou este ano e parece que leva aquí desde sempre. Durante a preparación da actividade e a participación no programa  tivo que dedicar moitas horas fóra da xornada habitual tanto no instituto como na casa. Non só o buscador de Google, senón tamén Google docs ou o correo electrónico serviron para que puidesen traballar “on line” mesmo durante as vacacións de Nadal,  “San Google” como di Sara para se referir ás ferramentas do buscador. María asegura que non cambiaría esta experiencia por nada, fala con seguridade e  rapidez cando conta como lles foi,  calquera que a escoite decátase de que lle gusta a súa profesión, non só impartir aulas aos alumnos senón aprender con eles e aprender deles.

Por primeira vez participan nesta iniciativa centros escolares de Ferrolterra  e foi o IES de Fene o único instituto que quedou clasificado. Algún membro da organización sorprendeuse de que sendo a primeira vez chegaran tan lonxe, María di que é mérito dos alumnos, “Supoño que a naturalidade fíxolles gañar moitos puntos, tamén a sensación de equipo”,  ‘eramos  todos, é dicir, eles pasábanme notas a min como eu llas pasaba a eles, eu non lles dicía: di isto’. Cóntanos que  empezaron nas vacacións de Nadal, reuníanse no Instituto para buscar información na Internet. “ Era sorprendente  ver a Oliveira e os demais tres horas seguidas diante dun ordenador” María dixéralles que ía haber moito traballo que non os ía enganar, “cando souberon de verdade o traballo que tiñan por diante dime Borja: es máis lista do que pensaba, non nos dixeches realmente o que había que facer ata que estivemos apuntados”. Traballaron mesmo os sábados, e os domingos conectábanse a  Google docs, “quedabamos, por exemplo, ás 12, eu entraba ás 11 e xa estaban eles”.

Gañar un premio de 6000 euros non era o máis importante, para o grupo non o era, hai unha frase na que Érika  o  expresa ás claras: ‘eu, aínda que soubese que perdiamos, xa dende o principio repetiría exactamente igual o mesmo proceso’, “é dicir, ela -e o resto- non se arrepinten de nada, a experiencia para eles foi enriquecedora, e para min tamén, por suposto”.
María cre que os premios estaban descompensados, “ o segundo premio era unha tableta dixital, nin sequera un IPad,  había un premio ao mellor dossier e un premio para o mellor blog con dous artigos defendendo posicións distintas.  Propúxenllo a Borja e Erika porque, dado que estaban  en segundo de Bacharelato podía ser unha tarefa de clase, eles foron quen realmente os firmaron, aínda que a tarefa é conxunta. Por iso Érika dicía que se sentía mal porque era un labor de todos. O premio foi unha tableta para ela, que non está mal. Quedaron encantados coa experiencia  e eu tamén sobre todo por ver que temos alumnos moi naturais, moi normais e respectuosos”.

Este traballo fíxolles ver que hai outras maneiras de aprender, e eles mesmo se preguntan porque nas clases non se pode traballar así “aí estades vós, realmente para cambiar nas novas xeracións a maneira de actuar, pero tamén é o que lles digo sempre, as regras, gusten ou non están para cumprilas”, puntualiza María.

Saben que  non hai verdades absolutas, “temos que ser bipolares” é a frase de Sara para intentar poñerse no sitio de quen defende posicións diferentes. Ese pode ser o momento crucial do traballo porque “é cando  eles non soamente dan respostas senón que formulan  preguntas,  foi un avance extraordinario”.

Antes de rematar a conversa con María Nogareda  a xeito de resume da experiencia fai unha defensa vehemente da novas xeracións: "a xuventude merece a pena realmente, penso que as novas xeracións son as que nos van sacar deste mundo onde predomina en bastantes ocasións a mediocridade"

Oliveira, Érika, Borja e Sara,  cóntannos o paso polo programa,  falan da experiencia satisfeitos de teren participado .  Oliveira dinos como foron gañando confianza: “Eu ao principio non estaba moi seguro de que nos saíse tan ben como nos saíu, esforzámonos, buscamos información. Cando estabamos traballando aquí, moi ben. Cando cheguei púxenme  moi nervioso e nos dous primeiros debates non cheguei a encher o tempo, Érika soubo suplir os meus fallos e grazas a iso conseguimos pasar da primeira rolda. Na última parte xa non sabía case nin que dicir... esquecín pasar as diapositivas e tamén esquecín un pouco a parte final. Por culpa diso eu penso que non chegamos á final, porque tiñamos moi bo equipo”. Para Érika, que nalgún momento pensaba que non lle quedaría tempo para preparar os exames, foi unha boa experiencia:  “tiña medo de que non me dera tempo a estudar os exames e todo iso, pero xa dixen que ao final todo isto valera a pena e volveríao a facer porque, aínda que dedicásemos moito tempo,  tamén o pasamos ben”.

A Borja, que dubidou en participar, convencérono María Nogareda e Érika, está contento polo conseguido e rectifica a Oliveira: “o equipo era bo se non quedamos primeiros non  foi culpa de Oliveira, foi culpa de todos
Unha experiencia moi  enriquecedora, apunta Sara “para atreverse a falar en público, para expresarse mellor na escrita. Tivemos moito traballo buscando información, subliñando alí como tolos, Borja acabou con maniotas de tanto pasar follas... E practicar o oral tamén custaba”.

A preparación dos debates inclúe contrastar opinións e limpar a mente de ideas alleas. Sara dinos: “ao principio podía estar máis ou menos claro dicir: eu defendo esta idea. Despois traballabamos  coas dúas ideas, unha xa non sabía se estaba coa outra ou coa súa, non o tiña claro…”  segundo  Érika “Ao final xa non sabiamos cal era a nosa opinión. Buscabamos información na que había razóns para defender as dúas, entón xa non sabiamos moi ben…” . “Había moita información de ámbalas dúas partes”, interrompe Borja.

Son conscientes do difícil que é formar unha opinión e de que só con información relevante se poden formar opinións válidas, “tiñamos moita información” Oliveira di que na primeira rolda foi onde máis se notou iso. Para Sara o importante era “ler, ler moito  aínda que non puxeras todo pero ler, ter idea de máis cousas para saír, … por se che saen con outra cousa” Érika  está de acordo: “Claro, é que había moitas cousas que prepararamos mentres practicabamos. Debatiamos entre nós, despois, cando nos facían preguntas, era doado  contestar”.

Tiveron que controlar os nervios, segundo Oliveria con “chocolatinas” . Cando as  palabras non saían,  normalmente tiñan que ler. Iso pasou ao principio, despois gañaron confianza. “Nós chegamos alí– di Érika-  e ao segundo ou terceiro debate xa sabiamos un pouco como era, pero a primeira vez  asustaba
Os debates transcorreron adecuadamente, aínda que ás veces algunha persoa perdera os modais ou houbese algunha saída de ton. O xurado deulles os parabéns aos alumnos do IES de Fene por seren en todo momento respectuosos. Notábase a rivalidade no ambiente, Borja cre que xa ían  con esa idea “hai equipos que van a gañar, o de menos é   facer amigos”. 
Teñen a percepción de que tamén houbo profesores que non aceptaban a derrota, “virábannos a cara” .

Non hai moitas diferenzas en como perciben a forma de puntuar os debates. “O que máis puntuaba era a expresión oral, que tiveras claro o que estabas dicindo e a contundencia  dos argumentos, nós  pensamos que era mellor non ler o discurso,  pero ao final  os que o leron acadaron mellor puntuación”. Érika corrobora o punto de vista de Oliveira :  “nun principio pensabamos que ía contar máis o de ter máis información ou cousas mais novidosas que non tiveran os demais, pero ao final vimos que o que máis contaba era a forma de explicarse
aínda que o que  estiveras a dicir parecese unha   parvada, se convencías puntuaba… era o ton con que o dicías” é do que está segura Sara. Critican a falta de frescura e espontaneidade dos participantes “criamos que puntuaría o dicir, non o ler” apunta  Borja. “Houbo bromas sen gracia como cando algúns falaron dos ninis  e dos mileuristas “ é o que cre Sara.

Pensan que ao grupo do IES de Fene o favoreceu a espontaneidade,  agora saben que  a argumentación por si soa non era suficiente “é que unha cousa é ter razón e outra diferente é convencer de que tes razón, sabemos que iso pasa na vida real”, iso cre Sara
A impresión sobre os outros equipos é que “había un pouco de todo”, algúns eran excesivamente competitivos e outros menos, con  estes últimos compartiron charlas nocturnas.  Quizais as ansias de gañar  dos máis competitivos  fosen debidas aos profesores “ao mellor estaban un pouco influídos por eles”. O primordial  para eles é a sensación de ter aprendido moito coa experiencia; foi unha novidade traballar desde a casa e nas vacacións, compartir documentos e corrixir entre todos o propio documento e aprender a buscar información. “O que preparamos  para o  debate,  aínda o recordamos

Pedïmoslles unha frase  a cada un para describir a experiencia, isto foi  o que dixeron
Oliveira: Incrible … un pouco máis e xa sería ‘amazing’… Érika estivo impresionante, non había ninguén que lle levara a contraria, tiña razón, cando falaba tiña razón.
Erika: Ninguén facía as bromas que facía Oliveira, ata os do xurado se rían.
Sara: Estivemos en boca de todos pola  boa relación que había  entre nós coa profesora… a María  non a vían como unha profesora,
 Borja: Fomos o único equipo que no primeiro ano chegou á final..

O paso polo programa agudizoulles a actitude crítica. “Houbo debates que foron simples monólogos, sen intercambios de pareceres”, “ou como estar na misa” “algúns estaban cheos de citas”, “Nós gañamos os tres debates, quedamos de terceiros por cuestións de puntos, pero gañamos os tres”, son as frases coas que rematan a conversa sabedores de que deixaron pegada, de que no futuro os que pasaron polo programa recordarán aos gañadores, pero aos que nunca esquecerán serán aos membros do equipo formado por Adrián Oliveira, Érika Diz, Borja Martínez e Sara Jove, coordinado pola profesora María Nogareda

Parabéns!

Distribuir contido