A Realidade Aumentada aplicada na Tecnoloxía Hidráulica

No ano 2020 resultamos premiados co proxecto: “A Realidade Aumentada aplicada na Tecnoloxía Hidráulica”, no cal se traballaron as competencias relacionadas coa industria 4.0. Para nos poder adaptar a esta evolución cara á industria 4.0 dende a aula, atopamos na realidade aumentada un vehículo para poder achegarnos ao noso alumnado; así, por unha
banda axilizamos o volume de información relacionada coa automatización hidráulica, mentres que pola outra utilizamos a tecnoloxía móbil accesible a todos os usuarios e que ten un grande atractivo.


Neste proxecto, no que traballaron membros tanto do profesorado como do alumnado dos Ciclos Medios do departamento de instalación e mantemento, xerouse unha importante cantidade de material técnico: desde vídeos titoriais de montaxe, funcionamento e simulación con software industrial, ata documentación técnica, memorias, etc…


Para aloxar toda esta documentación foi elaborada unha páxina web dinámica, que ten o enderezo: https://dmihmantementofene.wixsite.com/realidadeaumentada e á que tamén se pode acceder desde o seguinte código QR:



Do mesmo xeito, tamén foi posta en marcha unha aplicación de realidade aumentada chamada ROAR, aplicación que se pode descargar de xeito gratuíto desde calquera dispositivo móbil, que permite acceder a toda esta documentación mediante unha foto do correspondente elemento hidráulico ou electrohidráulico utilizado no proxecto, e que fose feita desde calquera dispositivo móbil.

            

Alumn@s que participaron no proxecto: “A Realidade Aumentada aplicada na Tecnoloxía Hidráulica”

  Profesor@s que participaron no proxecto: “A Realidade Aumentada aplicada na Tecnoloxía Hidráulica”