Robótica Colaborativa e clasificación de producto por AGV

No referente ao proxecto premiado “Robótica Colaborativa e clasificación de producto por AGV” que resultou premiado na resolución da Secretaría Xeral de Formación Profesional de 31 de mayo de 2021, pola que se convocan axudas destinadas á realización de proxectos de innovación e investigación aplicadas e transferencia do coñecemento na Formación profesional.

 Neste proxecto contamos ca participación de alumnos e docentes do departamento de instalación e mantemento do IES de Fene. Así mesmo, traballamos xunto cos centros: IES Fermín Bouza Brey, CIFP Nicolás de Larburu LHII, CIFP Politécnico de Cartagena e tamén ca empresa Festo Automation.

 Foi unha experiencia enriquecedora e motivadora para todos os participantes, permitiu coñecer distintas metodoloxías de traballo na aula, deficiencias, puntos fortes e débiles das diferentes comunidades autónomas ..

 Neste proxecto apostouse pola robótica colaborativa, entendendo que no desenvolvemento do proxecto, deberemos garantir a seguridade dos alumnos e profesores que participan nel. Ademais, no mundo industrial non sempre pode ser o robot quen faga todos os procesos, senón que debe coexistir co humano tanto para labores de mantemento como para o desenvolvemento de aplicacións específicas

 Consideramos que o talento é coprotagonista, xunto coa tecnoloxía nesta cuarta revolución industrial e é un factor clave na que a robótica colaborativa. Os robots colaborativos son sistemas que permiten ser programados de forma sinxela, capaces de traballar xunto a operarios sen ter que utilizar sistemas de seguridades tradicionais (tipo barreiras) e, normalmente, incorporan sistemas avanzados de control de forza que evitan os obstáculos.

 A automatización de procesos e o intercambio de información co exterior son as metas que se buscan na actualidade, facendo que máquinas, sistemas IT e equipos humanos traballen conxuntamente en rede. O obxectivo é conectar os robots co resto da automatización para obter o máximo rendemento. E é que o futuro, pasa pola interacción de todo o conxunto de tecnoloxías habilitadoras con humanos: robótica colaborativa.

 A evolución e o cambio marcan o día a día en calquera área do sector industrial e entendemos que nas aulas temos que acercarnos o máximo posible ao contorno industrial para que os alumnos/as saían preparados para a súa vida laboral.

 No marco da convocatoria do MEC no 2021, o profesorado do IES de Fene participa na formación en robótica colaborativa nas instalacións de Festo-Barcelona en xuño do 2022 na fase I do proxecto e no CIFP Nicolás de Larburu LHII (Barakaldo) en marzo de 2023.

Xornadas de formación do profesorado nas instalacións de Festo-Barcelona. Xuño 2022 Xornadas de formación do profesorado en Barakaldo. Abril 2023