Erasmus FP - Prácticas KA1

Erasmus+: Prácticas de empresa de FP en Francia e Holanda

Este ano 6 alumnos de ciclos formativos fixeron as prácticas de empresa FCT en Francia e en Holanda, chegaron a eses países acompañados de dous seus seus profesores respectivamente quenes se ocuparon dos trámites iniciais co colexio colaborador e coas empresas. Nestes vídeos amósannos a súa experiencia

 Se non o visualizas, preme aquí  Se non o visualizas, preme aquí
Se non o visualizas, preme aquí Se non o visualizas, preme aquí

 

(Queda un vídeo pendiente de publicar)

IES de Fene, único centro de Galicia con carta de mobilidade Erasmus+ para alumnado de FP en 2018

Nos pasados días, o SEPIE (Servicio Español Para la Internacionalización de la Educación) ven de publicar as listaxes de proxectos seleccionados para a modalidade Erasmus+ KA116 para alumnado de Formación Profesional, entre os que está o do IES de Fene, o único centro de Galicia entre os 38 proxectos aprobados. Con estas becas Erasmus+, seis alumnos do centro pasarán 4 semanas noutro país da UE relizando as prácticas de empresa ao finalizar o 2º curso de Formación Profesional en 2018

Actualmente, outros seis alumnos están realizando estas practicas FCT da convocatoria concedida o ano pasado, tres do ciclo de Frío na localidade francesa de Le Puy e outros tres dos ciclos de Vehículos e de Soldadura nas localidades holandesas de Bladel e Valkenswaard

Preparando as mobilidades no IES
Grupo de Francia no aeroporto Fronte ao instituto francés
 
Na entrada da empresa francesa Facendo as prácticas en SWABO, Holanda En Holanda, xa adaptados a pedalear
    

Becas de formación no estranxeiro para ex-alumnos de FP do IES de Fene

Está aberto o prazo de inscrición para Becas de Formación no estranxeiro para alumnos titulados nalgún Ciclo de grao Medio. Dende o departamento de ERASMUS + FP do IES de Fene, xestionado por Jheray Prieto,  tramitaranse as solicitudes de ex-alumnos deste centro que así o desexen. Para mais información; contactar por correo-e con; iesfeneprogramaseuropeos@gmail.com

 Acceso á páxina de Erasmus+ FP IES de Fene en Facebook

VEN Á FP AO IES DE FENE

Aínda quedan prazas libres nalgúns dos ciclos formativos que se imparten no centro, a partir do día 26 de setembro libéranse algunhas prazas ás que poden optar todas aquelas persoas que teñan titulacion de graduado en ESO, é dicir, que teñan superado o 4º curso de ESO ou ben que conten cun título dunha das modalidades de FP Básica e fosen propostos para a titulación de ESO. (Para mais información, podedes chamar ao instituto ao tf 981 360 300)

Son ciclos con importantes perspectivas de futuro, pois a pesar de contar con numerosas saídas laborais debido aos requerimentos da sociedade e do tecido industrial actual, non son os máis demandados á hora de realizar a matrícula.

Ademáis no IES de Fene os estudantes de FP Poden optar a unha das becas que se solicitan cada ano para realizar as prácticas de empresa no estranxeiro Erasmus+, constituíndo esta unha experiencia altamente enriquecedora, tanto dende o punto de vista profesional como persoal, tal e como nos contan os alumnos que tiveron a oportunidade de disfrutar dunha destas becas. Nesta mesma web poden verse vídeos e presentacións realizados por eles nas que relatan as súas experiencias 

Mantemento electromecánico Instalacións frigoríficas e de climatización Instalacións de producción de calor

• Técnico en mantemento electromecánico

Currículo e perfil profesional

•Técnico en instalacións frigoríficas

Currículo e perfil profesional

 

• Técnico en instalacións de calor

Currículo e perfil profesional

 

  

 

       

 

Mobilidades de alumnos de FP Erasmus+ a Bladel, Holanda

Tamén en maio pasado, dous alumnos do instituto realizaron as súas prácticas de empresa na localidade holandesa de Bladel. Nesta presentación amosan a súa experiencia: 

Mobilidades de alumnos de FP Erasmus+ a Le Puy, Francia

No pasado mes de maio, catro alumnos do instituto dos ciclos de Frío e Mantemento realizaron as súas prácticas de empresa financiadas mediante becas Erasmus+ na localidade francesa de le Puy. Nestes vídeos amósannos a súa experiencia:

 
 
 

Estudantes franceses en prácticas de empresa co IES de Fene

Tres estudantes franceses, procedentes de Le Puy, están durante dúas semanas facendo prácticas en empresas acompañados por un profesor. Estiveron nos pasados días no IES de Fene, visitando as instalacións, e incluso asistindo a algunha clase. Nestas fotos podense ver os estudantes franceses e feneses compartindo clases de instalacións solares

Erasmus+: Prácticas de empresa en Holanda e Francia

Un total de 6 alumnos que están a rematar os seus estudios de Formación Profesional no IES de Fene están estes días comezando as súas prácticas de empresa baixo o programa KA1 Erasmus+ no estranxeiro, esta vez en Bladel (Holanda) e en Le Puy (Francia). Ali vivirán catro semanas de experiencias inesquecibles, tanto no aspecto laboral como cultural e sobre todo persoal. Moita sorte no vosa andaina europea!

Alumnado de FP: Erasmus+ KA1 , novas redes sociais

Dende a semana pasada o alumnado de FP ten á súa disposición dúas novas redes sociais administradas por Jheray Prieto, coordinador de Erasmus+ KA1 para FP, a traves das que se comunicarán as novas relativas aos programas europeos para FP 

IES de Fene - Erasmus+ KA1 en Twitter

IES de Fene - Erasmus+ KA1 en Facebook

Aula virtual Moodle nesta web, en Erasmus+

Carta Erasmus+ de Mobilidade de Formación Profesional

Dende hai varios anos, o IES de Fene ofrece para o seu alumnado de Ciclo Medio a oportunidade de realizar as súas  prácticas no estranxeiro, no marco dos proxectos Leonardo da Vinci ata o ano 2014 e a partires de aí nos programas Erasmus+ KA1. 

O programa Europeo Erasmus+ KA1 é unha iniciativa europea que pretende impulsar a movilidade do profesorado e dos estudantes europeos de Formación Profesional para que así coñezcan a realidade doutros países, outras culturas e outras formas de traballar.

Coa carta Erasmus+ de mobilidade que lle foi concedida ao IES de Fene para o períiodo 2015-2020, recoñécese a xestión de calidade realizada polo centro en proxectos de Mobilidade, os seus esforzos por lograr unha maior internacionalización da Formación Profesional, a calidade dos proxectos realizados anteriormente, e o compromiso a longo prazo na mellora da Mobilidade

Así, comprometémosnos a seguir desenvolvendo estratexias de internacionalización europea no centro e, por conseguinte, poderemos seguir ofrecendo ó noso alumnado a oportunidade de continuar a súa formación noutro país participante no programa Erasmus+ mediante a incorporación de actividades de movilidad de alta calidade nos plans de estudo a longo prazo. Crearemos e manteremos redes con organismos doutros países e promoveremos a aprendizaxe de linguas estranxeiras, mirando máis aló dos enfoques nacionais da FP.

O centro comprométese tamén a cumprir coa normas de calidade establecidas polo programa Erasmus para as mobilidades na FP. Estas prioridades poden consultarse no Compromiso de Calidade do programa Erasmus para a mobilidade na FP. Así mesmo adherímosnos aos principios contemplados na Carta Europea de Calidade, que pode acharse na seguinte ligazón: http://qualityinternships.eu/

 

 

Ver carta Erasmus+ de Mobilidade completa  

Concurso para alumnado de FP #lovemyapprenticeship

Concurso interesante para alumnado de ciclos formativos, un concurso de fotos e vídeos para alumnado de Formación Profesional de toda Europa

So hai que facer fotos e vídeos no taller onde fas as prácticas e publicalo en Facebook, Twitter ou Instagrams coa frase "Participo en el concurso  #lovemyapprenticeship"

 O concurso está aberto dende o 26 de outubro ao 23 de novembro e podes consultar aquí as Bases do concurso

 Hai un 1º premio que consiste nunha viaxe de dúas semanas a un país estranxeiro para realizar un curso de idiomas,  e outros 15 premios de un pauselfie, un obxectivo ollo de peixe ou unha batería externa portátil

Acceso á web do concurso que contén fotos xa enviadas

BENVID@S

Desde o martes 9 de febreiro ata o 16, estiveron connosco un grupo de alumnos e profesores italianos. A visita enmarcase nun intercambio co “Istituto Carlo Scarpa” de San Doná di Piave. Durante unha semana houbo tempo para visitar as nosas instalacións, visitar Ferrol, Coruña, Santiago e Lugo, participar nos actos do entroido e disfrazarse no noso instituto e tamén foron recibidos polo alcalde no Concello. O luns e martes de entroido fixeron un pequeno tramo de 5 km do Camiño Francés nas proximidades do Cebreiro acompañados de profesorado e algúns pais nais e estudantes do centro.  Foi unha semana de aventuras na que novos e menos novos aproveitaron para facer amizades. 

 

INFORMACIÓN SOBRE PROXECTOS EUROPEOS

Sonriente INTERCAMBIO: No DOG do 7 de xullo sae publicada a concesión da axuda para participar no intercambio de alumnos co centro italiano, Istituto Carlo Scarpa de San Doná di Piave, Venecia. A viaxe realizarase a poder ser na primeira quincena de outubro de 2009. O sistema de intercambio é de familia a familia. Os nosos alumnos estarán acompañados por dous profesores do centro e aloxaranse na mesma localidade. As actividades que realizarán serán de tipo didáctico, nas que se incluirán actividades no centro de acollida e visitas ás cidades monumentais do entorno: Venecia, Vincenza, Padua, Trieste, etc… Descargar ficheiro DOG 

  Sonriente COMENIUS : Temos a aprobación do proxecto multilateral Comenius, titulado “O mar, conexión de culturas”, que inclúe a participación dos seguintes centros:- Istituto Tecnico Statale Per Geometri “Carlo Scarpa” (Italia)- Lycée Mahatma Gandhi (Francia)

Distribuir contido