Carta Erasmus+ de Mobilidade de Formación Profesional

Dende hai varios anos, o IES de Fene ofrece para o seu alumnado de Ciclo Medio a oportunidade de realizar as súas  prácticas no estranxeiro, no marco dos proxectos Leonardo da Vinci ata o ano 2014 e a partires de aí nos programas Erasmus+ KA1. 

O programa Europeo Erasmus+ KA1 é unha iniciativa europea que pretende impulsar a movilidade do profesorado e dos estudantes europeos de Formación Profesional para que así coñezcan a realidade doutros países, outras culturas e outras formas de traballar.

Coa carta Erasmus+ de mobilidade que lle foi concedida ao IES de Fene para o períiodo 2015-2020, recoñécese a xestión de calidade realizada polo centro en proxectos de Mobilidade, os seus esforzos por lograr unha maior internacionalización da Formación Profesional, a calidade dos proxectos realizados anteriormente, e o compromiso a longo prazo na mellora da Mobilidade

Así, comprometémosnos a seguir desenvolvendo estratexias de internacionalización europea no centro e, por conseguinte, poderemos seguir ofrecendo ó noso alumnado a oportunidade de continuar a súa formación noutro país participante no programa Erasmus+ mediante a incorporación de actividades de movilidad de alta calidade nos plans de estudo a longo prazo. Crearemos e manteremos redes con organismos doutros países e promoveremos a aprendizaxe de linguas estranxeiras, mirando máis aló dos enfoques nacionais da FP.

O centro comprométese tamén a cumprir coa normas de calidade establecidas polo programa Erasmus para as mobilidades na FP. Estas prioridades poden consultarse no Compromiso de Calidade do programa Erasmus para a mobilidade na FP. Así mesmo adherímosnos aos principios contemplados na Carta Europea de Calidade, que pode acharse na seguinte ligazón: http://qualityinternships.eu/

 

 

Ver carta Erasmus+ de Mobilidade completa