Invernadoiro 4.0 con Realidade Aumentada

O proxecto “Invernadoiro 4.0 con Realidade Aumentada” resultou premiado na Resolución do 27 de abril de 2022 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional onde se impartan ensinanzas de formación profesional, convocados na resolución do 22 de decembro de 2021.

 O proxecto xurde da idea de aplicar as novas tecnoloxías na práctica diaria da aula, preténdese que o profesorado empregue novos recursos que capten a atención do alumnado e adaptarse así aos novos cambios nas competencias e perfiles profesionais que se precisan, como resultado das novas tecnoloxías. O proxecto busca obter unha ferramenta para poder facer a monitoraxe e control de un invernadoiro eficiente para diferentes cultivos, empregando a automatización de diversos elementos como a ventilación e a rega, completase co emprego da realidade aumentada (RA) para obter información e control do sistema de unha maneira máis potente e áxil.

 Queremos achegar as novas tecnoloxías a profesores e consecuentemente ós alumnos para poder adaptarnos os novos cambios nas competencias e perfiles profesionais que se precisan, resultado do impacto das novas tecnoloxías. Tendo en conta o uso e potencialidade dos smartphones e tablets, accesibles na actualidade a tódolos usuarios e a súa ubicuidade, aplícase dunha maneira directa a realidade aumentada e a tecnoloxía móbil nos procesos de montaxe e mantemento de instalacións.

 A RA proporciona información engadida a un espazo real. A aplicación das tecnoloxías inmersivas favorece un aprendizaxe mental e locomotriz máis efectivo. De aí o seu potencial como método de formación e adestramento de traballadores sen asumir o risco e o custo que supón facelo directamente nos procesos de fabricación final.