Convocatoria 2023 Xunta de Galicia

O proxecto Desenvolvemento de postos de soldadura tradicional e simulada con posicionadores adaptables resultou premiado na Resolución do 12 de maio de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convocados na resolución do 23 de xaneiro de 2023.

          

O proxecto que se presenta busca crear un posicionador de soldadura para poder levar a cabo un modelo de ensinanza do soldador/a dinámico e flexible, adaptable ás condicións físicas do alumnado e profesorado, que permita ritmos de aprendizaxe individualizados e supón unha redución de costes e de accidentes. O posicionador é un elemento versátil que pode ser empregado en procesos de soldadura convencional e para soldadura virtual sendo este último un proceso “green technology”, mediambientalmente sostible e que emprega a realidade aumentada para dixitalizar a formación profesional.

O obxectivo deste proxecto foi crear un posto de soldadura accesible a todo o mundo e versátil:

  • Regulable en altura para adaptarnos á talla da persoa e á posición de soldadura.
  • Libre de obstáculos pola parte inferior, conseguindo limpeza e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.
  • Versátil para poder usar os diferentes tipos de soldadura convencional como con simuladores que combinan elementos reais e elementos en RA para crear unha experiencia de usuario similar e próxima á realidade.
  • Conseguir un posto de formación ecolóxica, minimizando o desperdicio de material e a pegada ambiental, aforrando gas de soldadura, consumibles e eliminando fumes de soldadura. Co simulador consúmese menos enerxía que con unha máquina de soldar convencional, unha devanadoira de fío e un sistema de aspiración de fumes de soldadura.
  • Lograr minimizar os riscos laborais. Un dos maiores beneficios dunha boa ergonomía é que pode axudar a reducir o risco de sufrir lesións musculoesqueléticas. As modificacións ergonómicas, como os posicionadores de soldadura poden contribuír en gran medida a mellorar os niveles de comodidade e evitar lesións.

 

          

A integración do alumnado de diferentes ciclos neste proxecto é clave, as como a participación de alumnado de CM soldadura e caldeireiria, ca súa participación búscase unha motivación extra para que complementen a súa formación e que observando o traballo dos alumnos dos ciclos medios das diferentes especialidades, acaden a motivación para continuar a súa formación e se reduzan as elevadas taxas de abandono de este alumnado. Por outra banda a redución do consumo de enerxía e redución dos gases e fumes constitúen un obxectivo estratéxico da UE, ca finalidade de reducir a dependencia enerxética e as emisións de gases de efecto invernadoiro. Alcanzar ditas reducións supón un reto para a sociedade europea no seu conxunto e en consecuencia tamén para os sistemas educativos e, dentro deles para a Formación Profesional.

 

AdxuntoTamaño
IMG_20240321_100026.jpg30.25 KB
IMG_20240321_095819.jpg22.67 KB
IMG_20240321_094638.jpg52.1 KB
IMG_20240321_093934.jpg34.25 KB
IMG_20240321_094407.jpg27.64 KB