Xefatura de estudios

Listaxes de admitidos en FP Dual Intensiva

Nas seguintes ligazóns pode consultarse a relación de admitidos nas modalidades de FP Dual Intensiva

CM Electromecánica de vehículos Automóviles

CS Mecatrónica

No CM de Instalacións de Producción de Calor quedan prazas vacantes en: Tecnosos Galicia-Baxi (6 prazas), Veolia (3 prazas), Medancli (2 prazas), Instalaciones Calvo y Medín (1 praza), Foncafer (1 praza), Climatras (1 praza).

Para máis información enviar correo ao enderezo electrónica: rbkvalino@gmail.com

Entrevistas e selección FP dual intensiva

O próximo martes 9 de xullo realizaranse as entrevistas para o acceso aos ciclos formativos na modalidade dual intensiva. A continuación se indica a hora e lugar para cada ciclo:

  • CM ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS, ás 9:30 h no salón de actos Xaquín Marín
  • CS MECATRÓNICA INDUSTRIAL, ás 9:30 h no salón de actos de FP

 

Convocatoria extraordinaria 1º de bacharelato. Calendario de exames

Os exames da convocatoria extraordinaria de 1º de bacharelato desenvolveranse os días 19, 20 e 21 de xuño.

Na seguinte ligazón pódese descargar o calendario.

Calendario de exames 1º de bacharelato

Exames para alumnado con P.D.

Prema aquí para ver día e hora.

Calendario probas libres Formación Profesional

Pode consultarse premendo aquí

 

Programacións probas libres: APH  MMM  EAE

Nova charla da Escola de Familias

Este vindeiro venres 3 de maio desenvolverase a última sesión da Escola de Familias do IES de Fene. A charla dará comezo ás 16:30 no salón de actos do edificio A e xirará en torno ao benestar emocional na adolescencia e as estratexias para promover un desenvolvemento san.

Acreditación da competencia dixital

Acreditación do alumnado de ESO

  • O alumnado que obteña o título de graduado/a en ESO recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación da competencia dixital
  • O alumnado matriculado en 4º de ESO poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de obter a acreditación do nivel intermedio de competencia dixital

Acreditación de alumnado de bacharelato

  • A obtención do título de bacharelato acredita que o alumnado ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio de competencia dixital
  • O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica para acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propios da área 4 do nivel intermedio de competencia dixital

Solicitude e inscrición nas probas

  • Entregar o modelo de solicitude cuberto no centro educativo. Descarga o impreso en formato editable ou en formato pdf
  • Data límite, 14 de marzo

Resolución do 28 de febreiro

Marco galego de competencias

Acceso á demo da proba

Segunda sesión da Escola de Familias

Este vindeiro venres 19 de abril desenvolverase a segunda sesión da Escola de Familias do IES de Fene. A charla dará comezo ás 16:30 no salón de actos do edificio A e xirará en torno á comunicación e o establecemento de límites e normas durante a adolescencia.

 

Comezo das charlas da Escola de Familias

Este próximo venres 23 de febreiro terá lugar no IES de Fene ás 16:30 a primeira das sesións da Escola de Familias. Nela tratarase o tema do acompañamento dos adolescentes durante o estudo.

Agardámolos!!

Escola de familias

Durante os meses de febreiro, marzo e abril estará en funcionamento no IES de Fene unha escola de familias. Celebraranse varias charlas nas que se tratarán diversos temas que poden consultar no cartel adxunto, así como as datas e horarios das sesións.

Días propios non docentes

O pasado 14 de setembro o Consello Escolar aprobou coma días propios non lectivos do centro para o presente curso os seguintes: 13 de outubro de 2.023 e 20 de maio de 2.024.

Inicio do curso 2023-2024

 

As presentacións da ESO, bacharelato e CM ordinario e dual serán o luns día 11 de setembro, no seguinte horario

  • 10:30 h. ESO (1º e 2º ESO no salón de actos "Xaquín Marín", 3º e 4º irán directamente ás correspondentes aulas) e FP Básica (salón de actos edificio FP).
  • 12:00 h. Bacharelato (salón de actos "Xaquín Marín") e 1º CM (salón de actos edificio FP).
  • 12:30 h. 2º CM ordinario e dual (salón de actos de FP).

O martes 12 ás 16:15 h será a presentación e comezo das clases do CM modular no salón de actos de FP. 

Con motivo do inicio de curso desenvolveranse diferentes actividades; contaremos coa presenza de Uxía Doval, exalumna do IES de Fene e compoñente do grupo Xirifeiras, e desenvolveranse charlas a cargo de Pedro Cruzado, vicepresidente da asociación Betula, e do responsable da empresa Automoción Vilar do Colo, Francisco Fernández Mascaró, tamén exalumno do IES de Fene.

Ese día o transporte escolar (ESO)  deixará o alumnado no centro ás 10:30 h. e recollerao ás 12:00 h.

O martes día 12 de setembro comezarán as clases no horario habitual.

 

Exames finais setembro ciclos FP Dual

 

Datas e horarios exames xuño FP: Alumnado con PD e probas libres

Alumnado con PD: pinchar aquí

Probas libres: pinchar aquí

Días non lectivos curso 2022-23

Comunícase que os días non lectivos elixidos polo centro para o presente curso son o 9 de decembro de 2.022 e o 2 de maio de 2.023.

Distribuir contido